BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























30 abr. 2010

27 abr. 2010

Semana das letras galegas UXÍO NOVONEYRA




Chega a Semana das Letras Galegas adicada este ano ó poeta do Courel UXÍO NOVONEYRA. Neste bloque vos ofrecemos unha serie de ligazóns e actividades para coñecelo e traballar sobre o autor e a súa obra. Dentro duns días veredes os traballos e actos de celebración do noso cole.

A súa Bibliografía

Páxina web de Uxío Novoneyra

Enlace á páxina da Xunta con material diverso sobre o poeta e a súa obra.

Conto de NovoNeyra dende O Ceip de Frián-Teis

(premer na imaxe do conto)

Poema de Uxío Novoneyra interpretado por Emilio Cao



23 abr. 2010

A árbore do Dia do libro




Para a celebración do día do libro plantamos unha árbore. Esta iniciativa xurdiu dunha proposta do equipo de Biblioteca e na entrada desta fixemos una árbore de papel reciclado onde cada neno e nena da escola engadiu unha folla ou unha flor cun pequeno texto ou poema. Cada flor e cada folla foron premiados cunha doce sorpresa.

A Mochila desta semana

Esta semana levan a Mochila Viaxeira:

20 abr. 2010

O concerto do sábado

Un exemplo da música coa que disfrutaron as mais de 7.000 persoas que asistiron o pasado 17 ó concerto de "Queremos galego"
Lamatumba...

16 abr. 2010

Música pola defensa do Galego


Festival de Queremos Galego

Quedan poucas horas para o Macroconcerto que a plataforma Queremos galego celebra mañá en Pontevedra. Será a partir das 19.30h no interior do recinto ferial.


Esta semana levan á casa a Mochila Viaxeira...

14 abr. 2010

O COLEXIO DE CHANCELAS XA TEN HORTA ESCOLAR


O CEIP de Chancelas sumouse ao proxecto dos hortos ecolóxicos, co obxectivo de que os alumnos e alumnas coñezan de forma práctica o traballo agrícola e a orixe das hortalizas e verduras que comen e, ao mesmo tempo, estreiten vínculos coa natureza e adquiran un maior respecto polo entorno rural.
No centro contamos cunha parcela de 20 metros cadrados, na que nenas, nenos e profesores plantaremos diferentes produtos de tempada. Comezamos esta mesma semana.

Agardamos ter unha boa colleita para finais de curso.


Música contra o decretazo


O vindeiro sábado 17 de abril celebrarase en Pontevedra un concerto musical organizado pola plataforma "Queremos Galego" contra o decreto de galego. Mais información aqui.

12 abr. 2010

Viaxe a ONS

O alumnado de 5º foi a pasada semana á Illa de Ons invitado polo Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlanticas de Galicia. Aproveitaron un espléndido día de sol para visitar e coñecer o parque acompañados por unha guía e mesmo chegou a tempo para divertirse nas súas praias. Un día moi aproveitado.
Mirade que ben o pasamos:

9 abr. 2010

Mochilas Viaxeiras


Dende xaneiro está a funcionar no cole a "mochila viaxeira". Esta experiencia plantexada e elaborada polo equipo da biblioteca, ofrece un novo vínculo entre as familias e a escola.

Nesta mochila un neno ou nena de cada clase leva a casa, cada fin de semana, algún libro, documental, película e revista. Para toda a familia, pequenos e maiores.

Adxuntamos tamén un "caderno de bitácora", pequena libreta onde apuntar e expresar as nosas recomendacións, ideas e suxerencias. Esperamos que as disfrutedes.
Esta semana levan a mochila:


Contra vento e marea

Noticia de "La Voz de Galicia.es" hoxe venres 9:
Feijoo respecta a decisión do Consello escolar de Galicia pero seguirá adiante.


O presidente da Xunta asegurou respectar a decisión d Consello Escolar de Galicia, pero manifestou a sua intención de seguir adiante co texto e apostar pola convivencia das linguas e o seu equilibrio, así como por unha escola amable e equilibrada.
Feijoo indicou que a postura deste órgano de representación da comunidade educativa era previsible, e que os que están a favor do desequilibrio lingüístico teñen toda a a sua lexitimidade, da misma forma que o seu Goberno ten a lexitimidade de estar a favor do equilibrio entre o castelan e o galego. O responsable do Executivo asegurou que si hai algunha modificación máis que poida aceptarse se incorporará.

O Consello escolar de Galicia rexeita o borrador do Decreto do Galego

O Consello Escolar de Galicia, órgano consultivo da comunidade autónoma, rexeitou a tarde do día 7 o borrador do proxecto do decreto do plurilingüismo no ensino non universitaria elaborado polo Goberno galego.
O decreto resultou desestimado despois de que prosperase, por 24 votos a favor e 16 en contra, a enmenda á totalidade contra o borrador do decreto.
A retirada do texto foi solicitada polos sindicatos CIG, UXT e Comisions Obreiras, e apoiada tamén pola Confederación de Asociacions de Pais de Alumnos de Centros Públicos (Confapa), dos Movementos de Renovación Pedagóxica, do Seminario de Estudos Galegos e das organizacions estudiantís.
Tal e como destacou Anxo Louzao, secretario xeral de CIG-Ensino, o borrador do decreto recibíu tamén os votos en contra dos alcaldes do PSdeG e do BNG con representación no Consello Escolar de Galicia.
Al final do pleno do Consello Escolar e en declaracions ós xornalistas, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Anxo Lourenzo, afirmou que a Administración gallega «acepta» a decisión do Consello Escolar de Galicia. Lorenzo refiríuse, sen embargo, á división posta de manifesto durante o pleno do Consello Escolar, e aludíu a «una parte que estaba disposta a seguir traballando sobre as modificaciones do texto do decreto para conseguir o maior consenso posible, e outra que decidíu votar en contra e non entrar a negociar».

6 abr. 2010

Xornal.com: A Xunta gastará un millón de euros para divulgar "o valor do plurilingüismo" nas aulas

Educación xa gastou 90.000€ a anunciar a consulta ás familias e casi 20.000€ a realizar as enquisas nos colexio.
As contas económicas do Goberno galego volverán recibir un forte impacto como consecuencia do denominado “decreto do plurilingüismo”, se ben desta volta os gastos non virán motivados da propia posta en marcha da nova norma lingüística e nin sequera afectarán ao orzamento da Consellería de Educación.

O pasado 31 de marzo, xornada previa aos días festivos da Semana Santa, a Secretaría Xeral de Medios –con dependencia xerárquica directa do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo– enviou ao Diario Oficial das Comunidades Europeas o “anuncio de información previa” dun contrato para pór en marcha unha “campaña institucional informativa e divulgativa sobre os novos valores do sistema de ensino non universitario na Comunidade Autonóma de Galicia”.

Na “natureza” do contrato que o Executivo autonómico asinará, o departamento dependente da Presidencia especifica que o obxectivo da acción propagandística será “dar a coñecer á poboación galega os novos valores do plurilingüismo nas aulas”, isto é, as caracterísicas do decreto que impulsa Educación e que mañá chegará ao Consello Escolar de Galicia no medio dunha intensa controversia educativa.

Igualmente, o documento remitido ao diario da UE especifica o “custo estimado” da contratatación, que se eleva aos 819.000 euros, “IVE excluído”. Unha vez engadidos os correspondentes impostos, é posible concluír que a Xunta desembolsará, cando menos, 950.040 euros. Se a formalización do contrato fose realizada despois do mes de xuño, momento no que o IVE se incrementará do 16% ao 18% en todo o Estado, o importe final ascenderá a, cando menos, a 966.420 euros.

Con todo, a cantidade que a Xunta está disposta a destinar a esta campaña aínda pode variar, dado que esta publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas é un trámite opcional, co mero valor dun aviso previo ás empresas interesadas en elaborar os anuncios. Así, a licitación definitiva da operación terá que ser anunciada no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial do Estado (BOE) para, despois, regresar ao boletín comunitario, desta volta xa cun importe definitivo para o concurso público.

Así as cousas, o importe próximo a 1 millón de euros que a Presidencia da Xunta gastará en publicitar os “valores” do decreto engadirase aos 90.000 euros que, segundo recoñeceu no Parlamento o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, supuxeron para as arcas públicas as dúas xornadas en que a Consellería de Educación inseriu nalgúns diarios, durante dous días, páxinas publicitarias sobre a enquisa realizada entre as familias dos estudantes o pasado mes de xuño.

Ese desembolso sumouse, á súa vez, aos 6 céntimos “por alumno” que o departamento de Jesús Vázquez recoñeceu ter gastado na realización da enquisa, cunha suma total de 19.800 euros. Deste xeito, e á espera da realización das enquisas previstas no novo decreto, a mudanza da normativa lingüística suporá xa, cando menos, 1,06 millóns de euros ás arcas públicas de Galicia.

David Lombao, Xornal.com

O decreto para o plurilingüismo enfróntase mañá ao Consello Escolar

Noticia de www.culturagalega.org

O Consello Escolar de Galicia, órgano que reúne pais, profesores, movementos de renovación pedagóxica e sindicatos entre outros, reúnese mañá para decidir o seu apoio ao proxecto de decreto para o plurilingüísmo no ensino. Malia ao rexeitamento de moitos dos representantes neste organismo, está aínda pendente de se verificar o pronunciamento final do mesmo, e é posible que o texto saia con diferentes enmendas da xuntanza. Nova Escola Galega, por exemplo, publicou xa un manifesto no que denuncia que a proposta do PP pode dar "na formación de dúas sociedades diferenciadas" por mor da lingua. A coincidir con esta xornada, a plataforma Queremos Galego convocou unha mobilización mañá ás 16.15h ante a sede deste organismo, na compostelá rúa de San Roque. Ao tempo, Xornal de Galicia revela hoxe que a Xunta fará unha campaña de publicidade para dar a coñecer "os novos valores do plurilingüismo nas aulas" valorada en preto dun millón de euros.

mais información http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=16613