BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























24 may. 2010

Artículos de Opinión sobre o "Decreto do Galego sen galego"

Unha serie de artículos interesantes sobre o decreto:

Un do director do Xornal de Galicia.com "Poderase estudar galego sen falalo"

E outro de X.A Pérez Lema tamén do Xornal.com titulado "Seis verdades sobre o galego"


Sen Comentarios...

Festival Letras Galegas



O Venres pasado fixemos no cole un pequeno festival para celebrar o Día das Letras Galegas e conmemorar a figura de Novoneyra. Tivemos actuacións de varios cursos coa presentación da súa biografía por parte de infantil, cancións e recitados de poesía que remataron coa lectura do conto "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" por parte dos membros do ENDL do cole apoiados nos debuxos do alumnado. Aqui tedes unha pequena mostra

19 may. 2010

Concerto da Semana das Letras Galegas


Esta mañá a nosa dire e mestra de música, Magoia, e Pablo, tamén mestre pero doutro cole, regalaronos un concerto de música popula galega e nos ensinaron o nome e como se usan varios instrumentos tradicionais. Zanfona, gaita, charrasco e birimbao e non sei cantos mais. Todos pasaron polas súas mans e todos soaron moi ben... escoitade unha pequena mostra.



Tamén cantamos nos a adaptación musical dun poemiña de Novoneyra:


Mirade as fotos:

14 may. 2010

Chove pra que eu...

Xa nos imos preparando, a vindeira semana celebraremos con diferentes actos as Letras Galegas e xa imos adornando o cole. O primeiro foi a entrada. Pingas de auga de cada neno e nena da escola completan cunha palabra ou cunha frase o verso de Novoneyra:
"Chove pra que eu soñe"

7 may. 2010

Máis de 4.500 profesores advirten que “dan e darán as clases en galego”

Noticia recollida no Xornal Dixital VIEIROS. 5/5/2010
A plataforma 'Queremos Galego' entregou este mércores no Rexistro da Xunta un documento que conta coa adhesión dos docentes.

Un paso máis que simbólico. A plataforma 'Queremos Galego' entregou este mércores no Rexistro da Xunta un documento asinado por 4.530 profesores de ensino non universitario no que expresan a súa vontade de seguir impartindo aulas na lingua propia do país e o seu rexeitamento á modificación do decreto. Dende a plataforma sinalan que decidiron pedir as sinaturas logo de que o Goberno anunciase que ía obrigar a impartir en lingua castelán materias como Matemáticas, Física e Quimica e Tecnoloxía.

Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro de 'Queremos Galego' subliñou diante dos xornalistas que “estes son 4.530 alegatos contra a prohibición do galego e en defensa da aplicación dos consensos a que chegamos entre todas e todos” e “4.530 protestas contra o feito de que Galiza sexa a única autonomía do Estado onde se poderá expedientar unha profesora ou un profesor por impartir as aulas no idioma propio, algo que non acontece nin en Valencia, onde goberna o PP”.

O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, que tamén participou na entrega das adhesións, sinalou que “se pretende trasladar a imaxe de que o noso é un idioma de segunda, que non pode ser vehículo normal”. Louzao e Callón salientaron o gran apoio do profesorado e sinalaron que aínda non rematou a recollida de sinaturas.

Maio, mes da lingua


O SNL do Concello de Pontevedra e a rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) organizan Maio, Mes da Lingua, un programa de actividades arredor da lingua galega con exposicións, conferencias, teatro, etc.
Aqui tedes acceso ó programa.


6 may. 2010

Correlingua 2010


Estámonos preparando para irmos o Correlingua deste ano o vindeiro martes en Pontevedra. Esperamos que nos faga bo tempo e poidamos disfrutar do percorrido e das actuacións na Praza da Ferrería.
Aquí vos queda o percorrido deste ano:

Ler e listo. Ler nunca caduca...

2 may. 2010

Os maios no cole

O pasado venres celebramos os maios no cole. Nos tamén fixemos o noso, as nosas coplas e aquí tedes unha mostra do resultado: