BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























22 dic. 2011

Festival de Nadal. 2011


Este ano fixemos un pequeno festival na nosa escola.
Todos os nenos e nenas saíron ó escenario para participar e divertirnos coa sua interpretación.
Tedes aqui unha mostra do noso traballo:
Unhas fotos (que podedes descargar)


e alguns videos das actuacions:
aqui están os de infantil

Outra vez os mais pequenos:

3º e 4º cunha panxoliña:

5º cunha obriña de teatro:

e aqui veñen 1º e 2º:

16 dic. 2011

PROGRAMA DE RADIO ESCOLAR


O CEIP de Chancelas sumouse este curso á iniciativa de Radio Tui de animación á lectura a través das ondas.
Grazas á invitación do CEIP A porteliña de Pazos de Reis, realizaremos diferentes programas de radio desde Chancelas.
Aqui tedes ó enlace ao primeiro programa, onde o alumnado de 6º presenta o libro de Pinto e Chinto "Contos para nenos que dormen deseguida"
PULSA NESTE ENLACE

13 dic. 2011

Arte na Escola I

Xa non é a primeira vez pero este curso temos a nosa escola chea de obras de arte. Miró, Dalí, Calder, Sorolla e moitos mais artistas están entre nos.
Mirade unha mostra, chegarán moitas mais.

17 nov. 2011

Magosto do día 11 de novembro

Nin a choiva nos impediu celebrar o magosto.
Lume!! e castañas para todos
E de remate concurso de peóns con diploma e todo.

7 jun. 2011

O Sabelotodo 2011 xa está aquí

Sen mais palabras, aquí tedes a revista do cole deste ano 2011.

6 jun. 2011

ÚLTIMA HORA


Adianto informativo do que parece vai ser a portada do próximo número da revista escolar.
Por agora non temos máis datos pero coméntase pola escola que non vai tardar moito en saír.
En canto a teñemos nas nosas mans vos a teredes aqui.

1 jun. 2011

Visita ó instituto de Poio



Os nenos e nenas de 6º visitaron o iES de Poio, próximo destino dos seus esforzos... Algúns comentarios tras a visita:
"Coñeceremos novos amigos e atoparemos ós de antes" Ángel
"Os alumnos de 1º da ESO dixéronos que non iamos tardar en acostumarnos" Paula
"No instituto sentíame estraña e perdida porque era moi grande" Bárbara
" Alí tes que estudar moito para poder aprobar" Iván
"É moi grande cun extenso patio de recreo e dentro hai tantos corredores que parece un labirinto" Sergio
" Hai uns catrocento vinte alumnos e cinconta e tres profesores, mais libros, mais aulas...bueno, hai que estudar moito mais" Tomás
"Xa estou nervioso pola chegada e ter que deixar o cole..." Gabriel
"O que mais me sorprendeu é que as aulas son enormes" Francis

Sorte a todos na súa vindeira aventura.

23 may. 2011

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana pasada celebramos na escola uns días adicados á Semana das Letras Galegas.
O mércores fixemos un pequeno festival adicado as letras e a Lois Pereiro

















O Xoves foi o día adicado ó cine en galego e vimos dúas películas: unha adicada ós mais pequenos "O rato Pérez" e para os maiores "Asterix e Obelix"







E o Venres recibimos a Susa Herrera e disfrutamos dun día de música

10 may. 2011

O Correlingua 2011


Este ano participamos outra vez no Correlingua, un acto en defensa da nosa lingua que percorre toda Galicia. Mirade cantos nenos e nenas e que ben o pasamos

5 may. 2011

O Libro dos animais

Precioso libro de animais feito polos mais pequenos do cole coa axuda das súas familias. Disfrutade.

2 may. 2011

OS MAIOS

Outro ano mais fixemos no cole o noso maio. Co traballo e participación de todo o alumnado fixemos o maio mais bonito do mundo enteiro...
Mirade:
Primeiro os de Infantil (lembra que premendo nas fotos vanse ampliar e as podes gardar)

E os de Primaria (Se non funciona podes premer no espacio en branco e irás directamente ás fotos)


Despois a montaxe:



E a festa no patio, onde cantamos as coplas.


Un saúdo, ata a próxima...

29 abr. 2011

Xa é PRIMAVERA



Todas estas flores están espalladas polo noso patio... no noso cole é primavera de verdade



26 abr. 2011

LETRAS GALEGAS 2011 LOIS PEREIRO


O Día das Letras Galegas adícase este ano ó poeta monfortino Lois Pereiro.
Toda a información ó respecto atópase nesta páxina da Galipedia e na súa páxina oficial .Podes consultar tamén a páxina
htpp://www.xunta.es/linguagalega/loispereiro.
Próximamente informaremos dos actos celebrados no seu honor na nosa escola.

17 mar. 2011

Entroido en Chancelas

Tedes aqui unha pequena mostra do que foi o noso entroido este curso: paseo ata a praza da Chousa, cancións e papatoria dos postres aportados polas familias na escola. Gracias a todos.

21 feb. 2011

Hoxe é o Día Internacional das Linguas Maternas. A nosa lingua necesita moitos coidados e hoxe é tamén un bo día para darlle agarimos.

14 feb. 2011

Hoxe é San Valentin...dalle un bico


Para todos os namorados, esta canción.


17 ene. 2011