BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























7 jun. 2011

O Sabelotodo 2011 xa está aquí

Sen mais palabras, aquí tedes a revista do cole deste ano 2011.

6 jun. 2011

ÚLTIMA HORA


Adianto informativo do que parece vai ser a portada do próximo número da revista escolar.
Por agora non temos máis datos pero coméntase pola escola que non vai tardar moito en saír.
En canto a teñemos nas nosas mans vos a teredes aqui.

1 jun. 2011

Visita ó instituto de Poio



Os nenos e nenas de 6º visitaron o iES de Poio, próximo destino dos seus esforzos... Algúns comentarios tras a visita:
"Coñeceremos novos amigos e atoparemos ós de antes" Ángel
"Os alumnos de 1º da ESO dixéronos que non iamos tardar en acostumarnos" Paula
"No instituto sentíame estraña e perdida porque era moi grande" Bárbara
" Alí tes que estudar moito para poder aprobar" Iván
"É moi grande cun extenso patio de recreo e dentro hai tantos corredores que parece un labirinto" Sergio
" Hai uns catrocento vinte alumnos e cinconta e tres profesores, mais libros, mais aulas...bueno, hai que estudar moito mais" Tomás
"Xa estou nervioso pola chegada e ter que deixar o cole..." Gabriel
"O que mais me sorprendeu é que as aulas son enormes" Francis

Sorte a todos na súa vindeira aventura.