BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























20 may. 2012

LETRAS GALEGAS 2012 CONCERTO DE TINO BAZ

O mércores, e como remate destes días adicados ás Letras Galegas, tivemos o pracer de contar no cole coa presencia de TINO BAZ.
O concerto (realmente foron dous, un para os mais pequenos e outro para os maiores) foi adicado á figura de Rosalía e todo o cole coñecía as cancións que iamos escoitar porque xa Magoia, a nosa mestra de música se encargara de preparar o camiño. Foi divertido para todos e emocionante para Tino comprobar como o alumnado coreaba as cancións que nos cantaba.

LETRAS GALEGAS 2012

Outro curso mais celebrando estes días adicados ás Letras Galegas. Este ano adicado a Valentín Paz Andrade.
Algúns alumnos de 5º fixeron de guías para o resto do cole nunha sinxela exposición de carteis destacando os datos mais sinalados da vida e obra deste polifacético escritor galego. Como podedes ver cada neno fixo un debuxo representado ó escritor e todos remataron pendurados na entrada do cole.

3 may. 2012

Gañadores do concurso de receitas.

Onte mércores fixemos entrega dos premios do concurso de receitas do cole. Como foron receitas de sobremesas... que mellor premio que unha bandeixiña de pasteis e uns doces para os premiados e as súas familias? Os gañadores foron:
Leandro de 4 anos pola súa receita do Biscoito de Laranxa
María Calvo de 2º co seu touciño de ceo
Gabriel carro co seu Flan de piña
E Javier Blanco de 5º pola receita do Biscoito de Froitos Secos. Parabén a todos. O libros que fixemos coas trinta receitas seleccionadas irá viaxando polas casas de todo o alumnado.