BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























27 dic. 2013

FESTIVAL DE NADAL 2013

Aquí tendes aos rapaces e rapazas de Ed. Infantil.
Aí están os de 3 anos, realizando unha asombrosa actuación.


Agora tócalle aos de 4 e 5 anos. Que marchosos!
Os de 1º tamén o fixeron moi ben.




E os de 2º, mirade que artistas!
Os frautistas de 3º, como tocan!
Os de 4º bailando unha polca
Os da clase de 5º, uns músicos case profesionais.




E AGORA: ¡OS DE 6º! POR FIN!(Pincha no seguinte enlace):
                                                                   

2 dic. 2013

VISITA Á PRAIA DE CHANCELAS

Como participantes no proxecto de Voz Natura, este curso traballaremos implicándonos no coidado dos ecosistemas que temos máis próximos a nós, neste caso, a praia. Neste proxecto tamén abordamos o tema "a reciclaxe" que este ano é o tema central do colexio.

14 nov. 2013

O MAGOSTO

                                     O MAGOSTO
Polo San Martiño celebramos o Magosto no noso colexio. Fixádevos cantas cousas fixemos!

31 oct. 2013

        O SAMAÍN NO COLEXIO DE CHANCELAS

Aquí tendes unha pequena mostra da celebración do Samaín no noso centro.
Foi arrepiante!!!

22 jun. 2013

FESTIVAL FIN DE CURSO

                FESTIVAL FIN DE CURSO
FOI UN BONITO FESTIVAL CON MOITO PÚBLICO

18 may. 2013

Xavier Blanco na nosa escola

Tivemos a visita na escola do gaiteiro e investigador folklorista moañés  Xavier Blanco que nos deu dous recitais, un para os mais pequenos e outro para os "maiores" da escola empregando os seus instrumentos pobres.

Encantounos recibirte na nosa escola e participar das túas músicas. Gracias Xavier.


Aqui tedes unhas fotos e videos da súa actuación.











Rúa Roberto Vidal Bolaño

Na Semana das Letras Galegas adicada este ano a Roberto Vidal Bolaño organizamos unha serie de visitas á "Rúa Roberto Vidal Bolaño" guiadas polo alumnado de 6º por onde pasaron todos os alumnos de primaria da escola para coñecer algo mais da súa vida e da súa obra.


10 may. 2013

O MAIO

Outro ano máis fixemos o Maio no colexio.
 Traballamos todos, nós os nenos e nenas, as nosas familias e os profes. Foi moi divertido! E logo a nosa compañeira Claudia, de 5º, cantou connosco a fermosa canción que compuxemos todos para o noso Maio.
Traballamos arreo! Mirade!

6 may. 2013

A NOSA HORTA       CURSO 2012-13
Como sabedes estamos dentro do Programa Voz Natura e seguimos traballando no proxecto "A nosa Horta".
 Aquí tendes unha mostra do noso traballo

18 mar. 2013

Contos para Infantil

Neste curso o alumnado de 6º, os maiores do cole, dedican un ratiño dos venres a contarlles un conto ós mais pequenos do cole.
Teríades que ver  o ben que o contan e o ben que escoita o público...

26 feb. 2013

NOVOS PROGRAMAS DE RADIO ESCOLAR

Aquí vos presentamos os tres programas de Radio escolar que, en colaboración co CEIP "Pazos de Reis", que levamos grabados neste curso.
 O primeiro: "Cuentos en versos para niños perversos" de Roald Dahl  o tedes premendo AQUÍ

O seguinte fálanos do libro de cancións
"En Cabárcenos se Oye cantar" libro que a súa autora Susa Herrera, presentou na nosa escola. AQUÍ o tedes.

E no último que temos grabado traballamos cunha "Escolma poética de Rosalía de Castro" e tédelo premendo neste ENLACE  

Escoitádeos e disfrutade do noso traballo.

12 feb. 2013

Entroido no cole de Chancelas

O VENRES 8 FESTEXAMOS O ENTROIDO NO COLEXIO
DESFILAMOS ATA A PRAZA DA CHOUZA DONDE CANTAMOS UNHAS CANCIÓNS POPULARES, E REMATAMOS BAILANDO AO RITMO DA MÚSICA.
                             GRACIAS A TODOS POR ACOMPAÑARNOS!


6 feb. 2013

Biodiversión, Ciencia na escola.

A pasada semana o alumnado de 6º tivo a visita dun grupo de tres científicas que traballan no Instituto de Investigación de Agrobioloxía de Galicia (IIAG) dependente do CSIC.

Estas científicas viñeron para falarnos do seu traballo e co programa "Biodiversión" facernos participar e convertirnos en científicos por un día. É interesante ver como o galego é tamén unha lingua de traballo na ciencia.

Plantamos un minibosque das nosas árbores autóctonas ...nun bote!!! e conseguimos extraer as cadeas de ADN dun kiwi!!!

Mirade como traballamos: