BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























15 nov. 2015

Magosto 2015

Iste ano celebramos o Magosto cun día de sol estupendo. Fixemos xogos no patio onde participamos todos e todas Mirade unha mostra do ben que o pasamos Pero isto foi posible gracias a pais, nais e nenos que colaboraron facendo o lume, asando as castañas, facendo e repartindo bocadillos ou axudando nos xogos como monitores.Aquí van algúns... GRACIAS...

17 jun. 2015

DESPEDIDA DE 6ª

Un curso que remata e despedimós ó alumnado de 6º que se vai para o instituto. este é un pequeno video de despedida:


16 may. 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana do 11 ao 15 de maio celebramos na nosa escola a semana das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado foi Xosé Fernando Filgueira Valverde. Comezamos a semana cunha unidade didáctica que repartiu o EDL para cada curso cunhas sinxelas actividades para traballar e coñecer na clase a este escritor pontevedrés.

 

E tivemos toda a semana unha rúa adicada a Filgueira Valverde con carteis que nos falaban da súa vida e da súa obra.






Tamén tivemos teatro en galego con Tarabelos que viu dous días á escola para ofrecernos
dúas obras:

unha para os mais pequenos: "Sabela e o paxaro máxico". Podedes premer aquí para ver as fotos no blog "Chanceliñas".

E outra para os maiores: "O traxe novo do rei"



Para rematar a semana as clases de 4º, 5º e 6º fomos a Pontevedra ao "Correlingua"

2 may. 2015

VOZ NATURA 2015

                                "A HORTA ECOLÓXICA" 

Outro curso máis participamos no Programa de Voz Natura. 
 Este curso traballamos a horta ecolóxica. 
Cando o tempo o permitía, coidabamos a nosa horta e traballamos moito para acadar un bo resultado. Aquí tendes unha pequena mostra do que fixemos ao longo do curso.

1 may. 2015

Os Maios

Onte, xoves 30 de abril , celebramos na escola a festa dos Maios.


Onte saímos todos ao patio nun ratiño que nos deixou a chuvia para cantar as coplas dos maios acompañados por moitas nais e pais que viñeron a escoitarnos.

Mirade que bonito nos quedou



26 feb. 2015

Dia de ROSALÍA na escola

Hoxe celebramos no cole o día de Rosalia de Castro.



Fomos todos e todas ao salón de actos para ver un video sobre a súa biografía
e escoitar unha canción de Uxía sobre a súa infancia.







Grazas, Uxía por esta canción "Rosalía pequeniña"

Onte xa a recordaramos facendo en cada clase uns marcapáxinas e regalándonolos entre nós.

Rosalía, segues connosco.

14 feb. 2015

O Entroido do Cole!

Un ano mais celebramos na escola o entroido. A choiva quixo voltar a acompañarnos e non nos deixou baixar ata a Praza da Chousa pero desfilamos ao redor do colexio e bailamos e cantamos no patio acompañados das familias.

Este ano contamos cunha fotógrafa, Sonja Rodríguez Rivera - Sonja Rodríguez photosurfing que nos regalou o seu traballo cunha excepcional calidade artística, aquí o tedes. Preme debaixo da foto, ponlle volumen á música e mesmo amplia a toda pantalla e disfruta das fotos.



2 feb. 2015

Dia da Paz

Este pasado venres celebramos na nosa escola, coa axuda e participación da casa Rosada do Concello de Poio o Día da Paz.

Primero decoramos a nosa escola e mesmo a escaleira: banzos pola paz con palabras en distintas linguas.


















Todos nos mollamos pola paz e con nosos chubasqueiros e paraugas adornados cantamos e celebramos este día.