BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























26 feb 2015

Dia de ROSALÍA na escola

Hoxe celebramos no cole o día de Rosalia de Castro.



Fomos todos e todas ao salón de actos para ver un video sobre a súa biografía
e escoitar unha canción de Uxía sobre a súa infancia.







Grazas, Uxía por esta canción "Rosalía pequeniña"

Onte xa a recordaramos facendo en cada clase uns marcapáxinas e regalándonolos entre nós.

Rosalía, segues connosco.

14 feb 2015

O Entroido do Cole!

Un ano mais celebramos na escola o entroido. A choiva quixo voltar a acompañarnos e non nos deixou baixar ata a Praza da Chousa pero desfilamos ao redor do colexio e bailamos e cantamos no patio acompañados das familias.

Este ano contamos cunha fotógrafa, Sonja Rodríguez Rivera - Sonja Rodríguez photosurfing que nos regalou o seu traballo cunha excepcional calidade artística, aquí o tedes. Preme debaixo da foto, ponlle volumen á música e mesmo amplia a toda pantalla e disfruta das fotos.



2 feb 2015

Dia da Paz

Este pasado venres celebramos na nosa escola, coa axuda e participación da casa Rosada do Concello de Poio o Día da Paz.

Primero decoramos a nosa escola e mesmo a escaleira: banzos pola paz con palabras en distintas linguas.


















Todos nos mollamos pola paz e con nosos chubasqueiros e paraugas adornados cantamos e celebramos este día.