BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























16 may 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana do 11 ao 15 de maio celebramos na nosa escola a semana das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado foi Xosé Fernando Filgueira Valverde. Comezamos a semana cunha unidade didáctica que repartiu o EDL para cada curso cunhas sinxelas actividades para traballar e coñecer na clase a este escritor pontevedrés.

 

E tivemos toda a semana unha rúa adicada a Filgueira Valverde con carteis que nos falaban da súa vida e da súa obra.






Tamén tivemos teatro en galego con Tarabelos que viu dous días á escola para ofrecernos
dúas obras:

unha para os mais pequenos: "Sabela e o paxaro máxico". Podedes premer aquí para ver as fotos no blog "Chanceliñas".

E outra para os maiores: "O traxe novo do rei"



Para rematar a semana as clases de 4º, 5º e 6º fomos a Pontevedra ao "Correlingua"

2 may 2015

VOZ NATURA 2015

                                "A HORTA ECOLÓXICA" 

Outro curso máis participamos no Programa de Voz Natura. 
 Este curso traballamos a horta ecolóxica. 
Cando o tempo o permitía, coidabamos a nosa horta e traballamos moito para acadar un bo resultado. Aquí tendes unha pequena mostra do que fixemos ao longo do curso.

1 may 2015

Os Maios

Onte, xoves 30 de abril , celebramos na escola a festa dos Maios.


Onte saímos todos ao patio nun ratiño que nos deixou a chuvia para cantar as coplas dos maios acompañados por moitas nais e pais que viñeron a escoitarnos.

Mirade que bonito nos quedou