BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























13 nov 2016

Magosto na escola

O venres 11 de novembro, San Martiño, fixemos na escola, coa axuda da AMPA o noso MAGOSTO. Despois dunha morea de xogos comimos as castañas e o chourizo que corresponde a estes días. Aqui tedes a proba:

23 may 2016

Miro Magariños nas Letras Galegas

O pasado venres 20 de maio, na semana das Letras Galegas, disfrutamos na escola da actuación de teatro de Miro Magariños coa súa obra "Xigantes", baseada nun libro de Xoan Babarro e Ana Mª Fernández. Gustounos moito esta obra da que puidemos divertirnos coa colaboración da ANPA da escola. Mirade algúns momentos:

30 abr 2016

O MAIO DA ESCOLA

Este pasado venres celebramos na escola o Maio. Despois de días de traballo no colee acompañados por un día de sol e por moitas familias sacamos o maio ao patio e cantamos as nosas coplas.

11 feb 2016

ENTROIDO NA ESCOLA

Mirade que ben o pasamos o venres 5 deste mes de febreiro na escola:

3 feb 2016

DIA DA PAZ

Todos baixo o mesmo sol. Con este lema celebramos, coa colaboración da Casa Rosada do Concello de Poio, Dia de Paz na nosa escola o venres 29 de xaneiro. Recollimos entre todos unha morea de chaves para abrir portas boas de paz, amor e ledicia para o mundo enteiro. Con estas chaves farase un mural que permanecerá exposto na escola. Aqui tedes un video para que vexades como o pasamos.

11 ene 2016

Festival de Nadal 2015

Preséntovos Uns videos onde se recolle o festival de nadal deste curso. Podedes descargar o que vos interese. 3 anos 4 anos 5 anos 3ºA 3ºB Fin do festival