BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























27 feb 2018

Dia de Rosalía


O pasado luns 26 de febreiro celebramos na escola o día de Rosalía, xa na entrada do colexio tivemos unha mostra da súa obra e un recordatorio da celebración.

Cada clase tivo un momentiño despois do recreo para facer unha lectura dos seus poemas. Mesmo algúns tivemos unha audición da versión musicada da súa poesía:  Amancio Prada




12 feb 2018

Entroido 2018. Os Choqueiros e as choqueiras de Chancelas

Xa chegou o entroido. O venres 9 celebramos  a nosa festa. Fixémola dentro da escola obrigados pola chuvia pero os disfraces, a festa e a comida non faltaron.
Tedes aquí unhas mostras:









Temos un video para que vexades que ben o pasamos. É moi grande e non nos colle aquí pero podes premer aqui para velo: VIDEO

Despois do desfile fixemosunha parada para comer:



E despois chegou o enterro do mexillón:


Xa vedes que o pasamos ben cos nosos disfraces de Choqueiros. Ata outra!