BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























18 jun 2010

Sabelotodo 2010

Xa chegou, xa está aquí... a revista escolar deste curso, a mellor revista escolar do mundo enteiro... SABELOTODO 2010.

17 jun 2010

10 razóns para falar galego

Nais e Pais polo Ensino en Galego achegan un decálogo sobre por que os nosos cativos deberían aprender na nosa lingua. Non está mal lembrarllo aos pais -galego ou castelanfalantes- que teñan nas mans xa a enquisa de Educación.
http://www.elcorreogallego.es/adjuntos/documentos/20100616razons.pdf

15 jun 2010

Crisis? a Xunta tira os cartos

190.000 libros de texto gratuítos para as familias, adquiridos polo goberno bipartito, van ir parar ao lixo, a pesar de teren unha vida útil de dous anos máis. Así o recoñece a propia Consellaría de Educación aos medios de comunicación que se fixeron eco da noticia. O motivo? Eses manuais están en galego e refírense a materias científico-técnicas cuxa docencia no noso idioma quere prohibir o goberno Feijóo a través do decretazo 79/2010.


11 jun 2010

1º premio do concurso de fotografía de ONS



Esta mañá nos deron a boa noticia. Os de 5º gañamos o primeiro premio do concurso de fotografía que convocou o Parque Nacional Ilas Atlánticas entre os centros que visitaran este curso a illa de Ons...

A nosa foto recolle unha chamada para a conservación do corvo mariño, especie emblemática das illas Ons en perigo de extinción.


Recollimos pola praia materiais naturais: algas, paos, cunchas... e con eles fixemos a figura desta ave mariña.


Aqui nos tedes a todos posando co noso traballo.

2 jun 2010

Galegando dende o IES Pintor Colmeiro, Silleda

trátase dun lipdub, un vídeo musical rodado nun plano secuencia onde a alumnado, nun divertidísimo playback, mostra o seu centro ao tempo que reivindica a nosa lingua dun xeito lúdico e positivo.

En Galego tamén se fai ciencia

En galego tamén se fai ciencia é unha campaña proposta polas tres universidades galegas para fomentar o emprego do Galego nas ciencias, e é que aínda queda moito que demostrar e moita que normalizar no uso da nosa lingua.

En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.

24 may 2010

Artículos de Opinión sobre o "Decreto do Galego sen galego"

Unha serie de artículos interesantes sobre o decreto:

Un do director do Xornal de Galicia.com "Poderase estudar galego sen falalo"

E outro de X.A Pérez Lema tamén do Xornal.com titulado "Seis verdades sobre o galego"


Sen Comentarios...

Festival Letras Galegas



O Venres pasado fixemos no cole un pequeno festival para celebrar o Día das Letras Galegas e conmemorar a figura de Novoneyra. Tivemos actuacións de varios cursos coa presentación da súa biografía por parte de infantil, cancións e recitados de poesía que remataron coa lectura do conto "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" por parte dos membros do ENDL do cole apoiados nos debuxos do alumnado. Aqui tedes unha pequena mostra

19 may 2010

Concerto da Semana das Letras Galegas


Esta mañá a nosa dire e mestra de música, Magoia, e Pablo, tamén mestre pero doutro cole, regalaronos un concerto de música popula galega e nos ensinaron o nome e como se usan varios instrumentos tradicionais. Zanfona, gaita, charrasco e birimbao e non sei cantos mais. Todos pasaron polas súas mans e todos soaron moi ben... escoitade unha pequena mostra.



Tamén cantamos nos a adaptación musical dun poemiña de Novoneyra:


Mirade as fotos:

14 may 2010

Chove pra que eu...

Xa nos imos preparando, a vindeira semana celebraremos con diferentes actos as Letras Galegas e xa imos adornando o cole. O primeiro foi a entrada. Pingas de auga de cada neno e nena da escola completan cunha palabra ou cunha frase o verso de Novoneyra:
"Chove pra que eu soñe"

7 may 2010

Máis de 4.500 profesores advirten que “dan e darán as clases en galego”

Noticia recollida no Xornal Dixital VIEIROS. 5/5/2010
A plataforma 'Queremos Galego' entregou este mércores no Rexistro da Xunta un documento que conta coa adhesión dos docentes.

Un paso máis que simbólico. A plataforma 'Queremos Galego' entregou este mércores no Rexistro da Xunta un documento asinado por 4.530 profesores de ensino non universitario no que expresan a súa vontade de seguir impartindo aulas na lingua propia do país e o seu rexeitamento á modificación do decreto. Dende a plataforma sinalan que decidiron pedir as sinaturas logo de que o Goberno anunciase que ía obrigar a impartir en lingua castelán materias como Matemáticas, Física e Quimica e Tecnoloxía.

Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro de 'Queremos Galego' subliñou diante dos xornalistas que “estes son 4.530 alegatos contra a prohibición do galego e en defensa da aplicación dos consensos a que chegamos entre todas e todos” e “4.530 protestas contra o feito de que Galiza sexa a única autonomía do Estado onde se poderá expedientar unha profesora ou un profesor por impartir as aulas no idioma propio, algo que non acontece nin en Valencia, onde goberna o PP”.

O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, que tamén participou na entrega das adhesións, sinalou que “se pretende trasladar a imaxe de que o noso é un idioma de segunda, que non pode ser vehículo normal”. Louzao e Callón salientaron o gran apoio do profesorado e sinalaron que aínda non rematou a recollida de sinaturas.

Maio, mes da lingua


O SNL do Concello de Pontevedra e a rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) organizan Maio, Mes da Lingua, un programa de actividades arredor da lingua galega con exposicións, conferencias, teatro, etc.
Aqui tedes acceso ó programa.


6 may 2010

Correlingua 2010


Estámonos preparando para irmos o Correlingua deste ano o vindeiro martes en Pontevedra. Esperamos que nos faga bo tempo e poidamos disfrutar do percorrido e das actuacións na Praza da Ferrería.
Aquí vos queda o percorrido deste ano:

Ler e listo. Ler nunca caduca...

2 may 2010

Os maios no cole

O pasado venres celebramos os maios no cole. Nos tamén fixemos o noso, as nosas coplas e aquí tedes unha mostra do resultado:


30 abr 2010

27 abr 2010

Semana das letras galegas UXÍO NOVONEYRA




Chega a Semana das Letras Galegas adicada este ano ó poeta do Courel UXÍO NOVONEYRA. Neste bloque vos ofrecemos unha serie de ligazóns e actividades para coñecelo e traballar sobre o autor e a súa obra. Dentro duns días veredes os traballos e actos de celebración do noso cole.

A súa Bibliografía

Páxina web de Uxío Novoneyra

Enlace á páxina da Xunta con material diverso sobre o poeta e a súa obra.

Conto de NovoNeyra dende O Ceip de Frián-Teis

(premer na imaxe do conto)

Poema de Uxío Novoneyra interpretado por Emilio Cao



23 abr 2010

A árbore do Dia do libro




Para a celebración do día do libro plantamos unha árbore. Esta iniciativa xurdiu dunha proposta do equipo de Biblioteca e na entrada desta fixemos una árbore de papel reciclado onde cada neno e nena da escola engadiu unha folla ou unha flor cun pequeno texto ou poema. Cada flor e cada folla foron premiados cunha doce sorpresa.