BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























29 abr 2011

Xa é PRIMAVERA



Todas estas flores están espalladas polo noso patio... no noso cole é primavera de verdade



26 abr 2011

LETRAS GALEGAS 2011 LOIS PEREIRO


O Día das Letras Galegas adícase este ano ó poeta monfortino Lois Pereiro.
Toda a información ó respecto atópase nesta páxina da Galipedia e na súa páxina oficial .Podes consultar tamén a páxina
htpp://www.xunta.es/linguagalega/loispereiro.
Próximamente informaremos dos actos celebrados no seu honor na nosa escola.

17 mar 2011

Entroido en Chancelas

Tedes aqui unha pequena mostra do que foi o noso entroido este curso: paseo ata a praza da Chousa, cancións e papatoria dos postres aportados polas familias na escola. Gracias a todos.

21 feb 2011

Hoxe é o Día Internacional das Linguas Maternas. A nosa lingua necesita moitos coidados e hoxe é tamén un bo día para darlle agarimos.

14 feb 2011

Hoxe é San Valentin...dalle un bico


Para todos os namorados, esta canción.


17 ene 2011

23 dic 2010

ULTIMA HORA

Un ano mais (e van 4 seguidos) o noso belén acada o 1º posto no concurso de belens escolares do Concello de Poio.

Gracias a todos pola vosa axuda e colaboración.

22 dic 2010

O NOSO BELÉN

Un ano mais o cole, coa participación das familias, construi o Belén.
Este nadal, seguindo o tema que nos impulsa este ano, foi adicado ó mar e representou a ría de Pontevedra coa localidade de Combarro e o nacemento está situado nunha cova ó pé da illa de Tambo.
Mirade as fotos e gracias a todos pola vosa participación.

19 nov 2010

O Magosto

Aqui tedes unha mostra das fotos deste magosto do martes 16 de novembro no cole:

9 nov 2010

Xa chega o Magosto.


Se o tempo acompaña celebraremos a tarde do vindeiro Martes 16 o magosto na nosa escola. Se non o podemos facer esa tarde xa atoparemos unha mañá, o caso é xuntarnos todos e celebrar o magosto.

Pero, queres saber moito mais sobre esta festa ?mira esta presentación que nos chega desde o IES As Lagoas de Ourense

Se aínda queres aprender algo mais:
Aquí tes a súa historia na Galipedia

Aquí poderás ler sobre a súa historia e actualidade

Pulsa agora aquí para ler unhas interesantes informacións sobre o noso castiñeiro



So se pode comer asada? non, mira aquí cantas posibilidades hai.

E, para rematar, unha recopilación de poemas , adiviñas e lendas do magosto.

E non tardarán en chegar a este blog as fotos deste magosto na escola...

3 nov 2010

Exposición: Nos tamén fomos emigrantes


O alumnado de Infantil e 2º e 3º ciclo de Primaria do cole fomos estes días á sede naútica de Caixagalicia en sanxenxo para ver unha exposición de fotografías que recolle momentos da emigración galega. Como case todos temos alguén que estivo fora ou aínda segue, estas fotos nos interesaron moito.

Celebración do Samaín.

Fixemos un acto escuro no salón de actos para celebrar o Samaín. Metía medo todo cheo de cabazas prendidas. Conto de medo, canción e mesmo unha actuación improvisada dunha mestra agachada pola escuridade... foi monstruoso!!

Cabazas do Samaín.

Trouxemos moitas cabazas para o Samaín.

2 nov 2010

Temos adornada a nosa Biblioteca. Agora, no Samaín, mete medo...

19 oct 2010

Xornada pola ciencia.



Porque, en contra do que opina o decreto de galego da Xunta, na ciencia ten tamén cabida o galego
http://www.coordinadoraendl.org/cienciaengalego

18 jun 2010

Sabelotodo 2010

Xa chegou, xa está aquí... a revista escolar deste curso, a mellor revista escolar do mundo enteiro... SABELOTODO 2010.

17 jun 2010

10 razóns para falar galego

Nais e Pais polo Ensino en Galego achegan un decálogo sobre por que os nosos cativos deberían aprender na nosa lingua. Non está mal lembrarllo aos pais -galego ou castelanfalantes- que teñan nas mans xa a enquisa de Educación.
http://www.elcorreogallego.es/adjuntos/documentos/20100616razons.pdf

15 jun 2010

Crisis? a Xunta tira os cartos

190.000 libros de texto gratuítos para as familias, adquiridos polo goberno bipartito, van ir parar ao lixo, a pesar de teren unha vida útil de dous anos máis. Así o recoñece a propia Consellaría de Educación aos medios de comunicación que se fixeron eco da noticia. O motivo? Eses manuais están en galego e refírense a materias científico-técnicas cuxa docencia no noso idioma quere prohibir o goberno Feijóo a través do decretazo 79/2010.


11 jun 2010

1º premio do concurso de fotografía de ONS



Esta mañá nos deron a boa noticia. Os de 5º gañamos o primeiro premio do concurso de fotografía que convocou o Parque Nacional Ilas Atlánticas entre os centros que visitaran este curso a illa de Ons...

A nosa foto recolle unha chamada para a conservación do corvo mariño, especie emblemática das illas Ons en perigo de extinción.


Recollimos pola praia materiais naturais: algas, paos, cunchas... e con eles fixemos a figura desta ave mariña.


Aqui nos tedes a todos posando co noso traballo.

2 jun 2010

Galegando dende o IES Pintor Colmeiro, Silleda

trátase dun lipdub, un vídeo musical rodado nun plano secuencia onde a alumnado, nun divertidísimo playback, mostra o seu centro ao tempo que reivindica a nosa lingua dun xeito lúdico e positivo.