BENVIDOS
Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.
30 abr 2012
Os Maios
O pasado venres fixemos un sinxelo acto de celebración dos Maios.
No patio da escola expuxemos o noso maio que este ano estaba elaborado casi totalmente con materiais de reciclaxe.
Teas por fiuncho e adornos feitos con papel ou vasiños de iogur constituiron un maio diferente pero con toda a imaxen dun tradicional.
As coplas se encargaron de lembrarnos, con sentido do humor, diferentes aspectos da nosa actividade diaria.
Disfrutade das fotos.
26 abr 2012
Mais programas de radio do cole
Programa 2
"As de mosca para Anxo"
O alumnado de 6º recomenda a todos os oíntes este emotivo libro de Fina Casalderrey que trata do respecto ás diferenzas.
Programa 3
"A Bruxiña da sorte"
O alumnado de 4º recomenda este divertido libro e incluso xoga cos oíntes mediante adiviñas e acertixos.
programa 4
"Diario de Greg"
A clase de 6º anima a ler e escribir diarios, tanto reais coma de ficción. Presenta un dos libros mais solicitados polo 3º ciclo na biblio do cole: o "Diario de Grag"
25 abr 2012
Libros de Receitas de Sobremesas
Xa temos os libros!
Con 30 receitas seleccionadas vimos de publicar un libro de receitas de sobremesas que pronto pasará pola vosa casa para que o podades disfrutar.
temos tamén o nome dos 4 gañadores do concurso...a vindeira semana revelaremos quen son e levarán o seu premio a casa!
8 mar 2012
Concurso de RECEITAS DE COCIÑA

Novo concurso convocado na Escola.
Trae, antes do 15 de marzo e coa axuda da túa familia, as túas receitas de sobremesas e poderás gañar un dos premios.
As millores receitas familiares formarán parte dun fermoso libro que publicaremos no colexio.
Anímate e participa.
O teu mestre ou mestra te explicará as bases do concurso.
17 feb 2012
Entroido 2012

Adicado ó mundo da arte. Infantil de cores, 1º ciclo de pintores e cadro, 2º ciclo de Dalí e unha muller da súa obra, 5º de cadros de K.Haring, Miró e Picasso e 6º de formas xeométricas.
Tedes aquí fotos e videos para disfrutar desta mañá de cor e alegría.
Coma sempre poder descargar estas fotos a gran tamaño premendo no álbum de aquí debaixo
E rematamos comendo os postres que aportaron as familias. Gracias a todos.
22 dic 2011
Festival de Nadal. 2011

Este ano fixemos un pequeno festival na nosa escola.
Todos os nenos e nenas saíron ó escenario para participar e divertirnos coa sua interpretación.
Tedes aqui unha mostra do noso traballo:
Unhas fotos (que podedes descargar)
e alguns videos das actuacions:
aqui están os de infantil
Outra vez os mais pequenos:
3º e 4º cunha panxoliña:
5º cunha obriña de teatro:
e aqui veñen 1º e 2º:
16 dic 2011
PROGRAMA DE RADIO ESCOLAR

O CEIP de Chancelas sumouse este curso á iniciativa de Radio Tui de animación á lectura a través das ondas.
Grazas á invitación do CEIP A porteliña de Pazos de Reis, realizaremos diferentes programas de radio desde Chancelas.
Aqui tedes ó enlace ao primeiro programa, onde o alumnado de 6º presenta o libro de Pinto e Chinto "Contos para nenos que dormen deseguida"

PULSA NESTE ENLACE
13 dic 2011
Arte na Escola I
Xa non é a primeira vez pero este curso temos a nosa escola chea de obras de arte. Miró, Dalí, Calder, Sorolla e moitos mais artistas están entre nos.
Mirade unha mostra, chegarán moitas mais.
Mirade unha mostra, chegarán moitas mais.
17 nov 2011
Magosto do día 11 de novembro
Nin a choiva nos impediu celebrar o magosto.
Lume!! e castañas para todos
E de remate concurso de peóns con diploma e todo.
Lume!! e castañas para todos
E de remate concurso de peóns con diploma e todo.
7 jun 2011
6 jun 2011
ÚLTIMA HORA
1 jun 2011
Visita ó instituto de Poio

Os nenos e nenas de 6º visitaron o iES de Poio, próximo destino dos seus esforzos... Algúns comentarios tras a visita:
"Coñeceremos novos amigos e atoparemos ós de antes" Ángel
"Os alumnos de 1º da ESO dixéronos que non iamos tardar en acostumarnos" Paula
"No instituto sentíame estraña e perdida porque era moi grande" Bárbara
" Alí tes que estudar moito para poder aprobar" Iván
"É moi grande cun extenso patio de recreo e dentro hai tantos corredores que parece un labirinto" Sergio
" Hai uns catrocento vinte alumnos e cinconta e tres profesores, mais libros, mais aulas...bueno, hai que estudar moito mais" Tomás
"Xa estou nervioso pola chegada e ter que deixar o cole..." Gabriel
"O que mais me sorprendeu é que as aulas son enormes" Francis
Sorte a todos na súa vindeira aventura.
23 may 2011
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Esta semana pasada celebramos na escola uns días adicados á Semana das Letras Galegas.
O mércores fixemos un pequeno festival adicado as letras e a Lois Pereiro

O Xoves foi o día adicado ó cine en galego e vimos dúas películas: unha adicada ós mais pequenos "O rato Pérez" e para os maiores "Asterix e Obelix"


E o Venres recibimos a Susa Herrera e disfrutamos dun día de música
O mércores fixemos un pequeno festival adicado as letras e a Lois Pereiro

O Xoves foi o día adicado ó cine en galego e vimos dúas películas: unha adicada ós mais pequenos "O rato Pérez" e para os maiores "Asterix e Obelix"


E o Venres recibimos a Susa Herrera e disfrutamos dun día de música
10 may 2011
O Correlingua 2011
5 may 2011
O Libro dos animais
Precioso libro de animais feito polos mais pequenos do cole coa axuda das súas familias. Disfrutade.
2 may 2011
OS MAIOS
Outro ano mais fixemos no cole o noso maio. Co traballo e participación de todo o alumnado fixemos o maio mais bonito do mundo enteiro...
Mirade:
Primeiro os de Infantil (lembra que premendo nas fotos vanse ampliar e as podes gardar)
E os de Primaria (Se non funciona podes premer no espacio en branco e irás directamente ás fotos)
Despois a montaxe:


E a festa no patio, onde cantamos as coplas.
Un saúdo, ata a próxima...
Mirade:
Primeiro os de Infantil (lembra que premendo nas fotos vanse ampliar e as podes gardar)
E os de Primaria (Se non funciona podes premer no espacio en branco e irás directamente ás fotos)
Despois a montaxe:
E a festa no patio, onde cantamos as coplas.
Un saúdo, ata a próxima...
29 abr 2011
26 abr 2011
LETRAS GALEGAS 2011 LOIS PEREIRO

O Día das Letras Galegas adícase este ano ó poeta monfortino Lois Pereiro.
Toda a información ó respecto atópase nesta páxina da Galipedia e na súa páxina oficial .Podes consultar tamén a páxina
htpp://www.xunta.es/linguagalega/loispereiro.
Próximamente informaremos dos actos celebrados no seu honor na nosa escola.
17 mar 2011
Entroido en Chancelas
Tedes aqui unha pequena mostra do que foi o noso entroido este curso: paseo ata a praza da Chousa, cancións e papatoria dos postres aportados polas familias na escola. Gracias a todos.
21 feb 2011
Hoxe é o Día Internacional das Linguas Maternas. A nosa lingua necesita moitos coidados e hoxe é tamén un bo día para darlle agarimos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










