BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























18 may 2013

Xavier Blanco na nosa escola

Tivemos a visita na escola do gaiteiro e investigador folklorista moañés  Xavier Blanco que nos deu dous recitais, un para os mais pequenos e outro para os "maiores" da escola empregando os seus instrumentos pobres.

Encantounos recibirte na nosa escola e participar das túas músicas. Gracias Xavier.


Aqui tedes unhas fotos e videos da súa actuación.











Rúa Roberto Vidal Bolaño

Na Semana das Letras Galegas adicada este ano a Roberto Vidal Bolaño organizamos unha serie de visitas á "Rúa Roberto Vidal Bolaño" guiadas polo alumnado de 6º por onde pasaron todos os alumnos de primaria da escola para coñecer algo mais da súa vida e da súa obra.


10 may 2013

O MAIO

Outro ano máis fixemos o Maio no colexio.
 Traballamos todos, nós os nenos e nenas, as nosas familias e os profes. Foi moi divertido! E logo a nosa compañeira Claudia, de 5º, cantou connosco a fermosa canción que compuxemos todos para o noso Maio.
Traballamos arreo! Mirade!

6 may 2013

A NOSA HORTA       CURSO 2012-13
Como sabedes estamos dentro do Programa Voz Natura e seguimos traballando no proxecto "A nosa Horta".
 Aquí tendes unha mostra do noso traballo

18 mar 2013

Contos para Infantil

Neste curso o alumnado de 6º, os maiores do cole, dedican un ratiño dos venres a contarlles un conto ós mais pequenos do cole.
Teríades que ver  o ben que o contan e o ben que escoita o público...

26 feb 2013

NOVOS PROGRAMAS DE RADIO ESCOLAR

Aquí vos presentamos os tres programas de Radio escolar que, en colaboración co CEIP "Pazos de Reis", que levamos grabados neste curso.
 O primeiro: "Cuentos en versos para niños perversos" de Roald Dahl  o tedes premendo AQUÍ

O seguinte fálanos do libro de cancións
"En Cabárcenos se Oye cantar" libro que a súa autora Susa Herrera, presentou na nosa escola. AQUÍ o tedes.

E no último que temos grabado traballamos cunha "Escolma poética de Rosalía de Castro" e tédelo premendo neste ENLACE  

Escoitádeos e disfrutade do noso traballo.

12 feb 2013

Entroido no cole de Chancelas

O VENRES 8 FESTEXAMOS O ENTROIDO NO COLEXIO
DESFILAMOS ATA A PRAZA DA CHOUZA DONDE CANTAMOS UNHAS CANCIÓNS POPULARES, E REMATAMOS BAILANDO AO RITMO DA MÚSICA.
                             GRACIAS A TODOS POR ACOMPAÑARNOS!


6 feb 2013

Biodiversión, Ciencia na escola.

A pasada semana o alumnado de 6º tivo a visita dun grupo de tres científicas que traballan no Instituto de Investigación de Agrobioloxía de Galicia (IIAG) dependente do CSIC.

Estas científicas viñeron para falarnos do seu traballo e co programa "Biodiversión" facernos participar e convertirnos en científicos por un día. É interesante ver como o galego é tamén unha lingua de traballo na ciencia.

Plantamos un minibosque das nosas árbores autóctonas ...nun bote!!! e conseguimos extraer as cadeas de ADN dun kiwi!!!

Mirade como traballamos:






7 nov 2012

Hai poucos dias celebramos no noso cole o Samaín.
Este ano tivemos como novidade a visita de varios avós e avoas para asustarnos cos seus contos de medo.
Tamén moitas moitas cabazas... mirade

26 jun 2012

A Gran Noite dos Cans (Curto)

Neste vídeo os alumnos do primeiro ciclo de primaria do Ceip Chancelas dirixidos e asesorados polas mestras Eva, Mª Jesús, Olga e Magoia protagonizan un curto que queda englobado dentro do proxecto central do colexio "arte en tránsito". Este curto conta a historia de diversos cans que podemos atopar nalgúns cadros famosos


22 jun 2012

Festival de Fin de curso

O venres 22 de xuño...
Ás dez da mañá...
No salón de actos do cole... cha chán!!

O FESTIVAL DE REMATE DO CURSO 2011-2012

Disfrutade:

21 jun 2012

Sabelotodo 2012

Xa está aquí a nova revista deste curso.
Xa sabedes como vai: premendo nela podedela ver a todo tamaño e pasar as páxinas e na parte superior teredes as ferramentas para vela a unha ou doble páxina, aumentar ou diminuir o tamaño, etc.
Busca as novas do teu curso e disfruta.

6 jun 2012

Novo programa de Radio Escolar

Último programa do curso emitido polo CEIP de Chancelas. Nesta ocasión, participando todo o alumnado do cole, presentamos o libro "Animais Encantadores"de Susa Herrera.

20 may 2012

LETRAS GALEGAS 2012 CONCERTO DE TINO BAZ

O mércores, e como remate destes días adicados ás Letras Galegas, tivemos o pracer de contar no cole coa presencia de TINO BAZ.
O concerto (realmente foron dous, un para os mais pequenos e outro para os maiores) foi adicado á figura de Rosalía e todo o cole coñecía as cancións que iamos escoitar porque xa Magoia, a nosa mestra de música se encargara de preparar o camiño. Foi divertido para todos e emocionante para Tino comprobar como o alumnado coreaba as cancións que nos cantaba.

LETRAS GALEGAS 2012

Outro curso mais celebrando estes días adicados ás Letras Galegas. Este ano adicado a Valentín Paz Andrade.
Algúns alumnos de 5º fixeron de guías para o resto do cole nunha sinxela exposición de carteis destacando os datos mais sinalados da vida e obra deste polifacético escritor galego. Como podedes ver cada neno fixo un debuxo representado ó escritor e todos remataron pendurados na entrada do cole.

3 may 2012

Gañadores do concurso de receitas.

Onte mércores fixemos entrega dos premios do concurso de receitas do cole. Como foron receitas de sobremesas... que mellor premio que unha bandeixiña de pasteis e uns doces para os premiados e as súas familias? Os gañadores foron:
Leandro de 4 anos pola súa receita do Biscoito de Laranxa
María Calvo de 2º co seu touciño de ceo
Gabriel carro co seu Flan de piña
E Javier Blanco de 5º pola receita do Biscoito de Froitos Secos. Parabén a todos. O libros que fixemos coas trinta receitas seleccionadas irá viaxando polas casas de todo o alumnado.

30 abr 2012

Os Maios

O pasado venres fixemos un sinxelo acto de celebración dos Maios. No patio da escola expuxemos o noso maio que este ano estaba elaborado casi totalmente con materiais de reciclaxe. Teas por fiuncho e adornos feitos con papel ou vasiños de iogur constituiron un maio diferente pero con toda a imaxen dun tradicional. As coplas se encargaron de lembrarnos, con sentido do humor, diferentes aspectos da nosa actividade diaria. Disfrutade das fotos.