O MAGOSTO
Polo San Martiño celebramos o Magosto no noso colexio. Fixádevos cantas cousas fixemos!
BENVIDOS
Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.
14 nov 2013
31 oct 2013
22 jun 2013
18 may 2013
Xavier Blanco na nosa escola
Tivemos a visita na escola do gaiteiro e investigador folklorista moañés Xavier Blanco que nos deu dous recitais, un para os mais pequenos e outro para os "maiores" da escola empregando os seus instrumentos pobres.
Encantounos recibirte na nosa escola e participar das túas músicas. Gracias Xavier.
Aqui tedes unhas fotos e videos da súa actuación.
Encantounos recibirte na nosa escola e participar das túas músicas. Gracias Xavier.
Aqui tedes unhas fotos e videos da súa actuación.
Rúa Roberto Vidal Bolaño
Na Semana das Letras Galegas adicada este ano a Roberto Vidal Bolaño organizamos unha serie de visitas á "Rúa Roberto Vidal Bolaño" guiadas polo alumnado de 6º por onde pasaron todos os alumnos de primaria da escola para coñecer algo mais da súa vida e da súa obra.
10 may 2013
O MAIO
Outro ano máis fixemos o Maio no colexio.
Traballamos todos, nós os nenos e nenas, as nosas familias e os profes. Foi moi divertido! E logo a nosa compañeira Claudia, de 5º, cantou connosco a fermosa canción que compuxemos todos para o noso Maio.
Traballamos arreo! Mirade!

6 may 2013
17 abr 2013
18 mar 2013
Contos para Infantil
Neste curso o alumnado de 6º, os maiores do cole, dedican un ratiño dos venres a contarlles un conto ós mais pequenos do cole.
Teríades que ver o ben que o contan e o ben que escoita o público...
Teríades que ver o ben que o contan e o ben que escoita o público...
26 feb 2013
NOVOS PROGRAMAS DE RADIO ESCOLAR
Aquí vos presentamos os tres programas de Radio escolar que, en colaboración co CEIP "Pazos de Reis", que levamos grabados neste curso.
O primeiro: "Cuentos en versos para niños perversos" de Roald Dahl o tedes premendo AQUÍ
O seguinte fálanos do libro de cancións
"En Cabárcenos se Oye cantar" libro que a súa autora Susa Herrera, presentou na nosa escola. AQUÍ o tedes.
E no último que temos grabado traballamos cunha "Escolma poética de Rosalía de Castro" e tédelo premendo neste ENLACE
Escoitádeos e disfrutade do noso traballo.

12 feb 2013
Entroido no cole de Chancelas
O VENRES 8 FESTEXAMOS O ENTROIDO NO COLEXIO
DESFILAMOS ATA A PRAZA DA CHOUZA DONDE CANTAMOS UNHAS CANCIÓNS POPULARES, E REMATAMOS BAILANDO AO RITMO DA MÚSICA.
GRACIAS A TODOS POR ACOMPAÑARNOS!
DESFILAMOS ATA A PRAZA DA CHOUZA DONDE CANTAMOS UNHAS CANCIÓNS POPULARES, E REMATAMOS BAILANDO AO RITMO DA MÚSICA.
GRACIAS A TODOS POR ACOMPAÑARNOS!
6 feb 2013
Biodiversión, Ciencia na escola.
A pasada semana o alumnado de 6º tivo a visita dun grupo de tres científicas que traballan no Instituto de Investigación de Agrobioloxía de Galicia (IIAG) dependente do CSIC.
Estas científicas viñeron para falarnos do seu traballo e co programa "Biodiversión" facernos participar e convertirnos en científicos por un día. É interesante ver como o galego é tamén unha lingua de traballo na ciencia.
Plantamos un minibosque das nosas árbores autóctonas ...nun bote!!! e conseguimos extraer as cadeas de ADN dun kiwi!!!
Mirade como traballamos:

25 dic 2012
7 nov 2012
26 jun 2012
A Gran Noite dos Cans (Curto)
Neste vídeo os alumnos do primeiro ciclo de primaria do Ceip Chancelas dirixidos e asesorados polas mestras Eva, Mª Jesús, Olga e Magoia protagonizan un curto que queda englobado dentro do proxecto central do colexio "arte en tránsito". Este curto conta a historia de diversos cans que podemos atopar nalgúns cadros famosos
22 jun 2012
Festival de Fin de curso
O venres 22 de xuño...
Ás dez da mañá...
No salón de actos do cole... cha chán!!
O FESTIVAL DE REMATE DO CURSO 2011-2012
Disfrutade:
Ás dez da mañá...
No salón de actos do cole... cha chán!!
O FESTIVAL DE REMATE DO CURSO 2011-2012
Disfrutade:
21 jun 2012
Sabelotodo 2012
Xa está aquí a nova revista deste curso.
Xa sabedes como vai: premendo nela podedela ver a todo tamaño e pasar as páxinas e na parte superior teredes as ferramentas para vela a unha ou doble páxina, aumentar ou diminuir o tamaño, etc.
Busca as novas do teu curso e disfruta.

6 jun 2012
Novo programa de Radio Escolar
Último programa do curso emitido polo CEIP de Chancelas.
Nesta ocasión, participando todo o alumnado do cole, presentamos o libro "Animais Encantadores"de Susa Herrera.
20 may 2012
LETRAS GALEGAS 2012 CONCERTO DE TINO BAZ
O mércores, e como remate destes días adicados ás Letras Galegas, tivemos o pracer de contar no cole coa presencia de TINO BAZ.
O concerto (realmente foron dous, un para os mais pequenos e outro para os maiores) foi adicado á figura de Rosalía e todo o cole coñecía as cancións que iamos escoitar porque xa Magoia, a nosa mestra de música se encargara de preparar o camiño.
Foi divertido para todos e emocionante para Tino comprobar como o alumnado coreaba as cancións que nos cantaba.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)