BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























16 may 2019

LETRAS GALEGAS


Este ano as Letras Galegas conmemoran a obra de Antón Fraguas. Na escola traballamos toda esta semana para aprender moito sobre este autor galego.


E inauguramos un novo espacio no noso patio : o muro de pizarra, aproveitando para escribir e debuxar todo o que Fraguas e a lingua galega nos suxire:














LETRAS GALEGAS

O mércores 16 de maio, tivemos na escola unha actuación: .
O mago Muro viu a ensinarnos a súa maxia:

Grandes e pequenos disfrutamos da súa maxia, o galego serve para todo!





7 may 2019

Antón Cortizas na escola

Hoxe pasou pola nosa biblioteca Antón Cortizas. Foi o autor escollido neste curso para ler e traballar cos seus libros.

Respondeu ás nosas preguntas e contounos historias e anécdotas moi entretidas, mesmo fixemos papiroflexia con el. 

Volve pronto!


Todo o alumnado participou cos seus traballos e debuxos 





14 may 2018

Letras Galegas

Semana das Letras Galegas.
Este ano dedicada a María Victoria Moreno.
Na escola o recordamos en todos os recunchos, mesmo as músicas para entrar e saír estaban adicadas a ela.



Como vedes foi importante a  implicación do equipo de TICS


Para inaugurar esta semana das Letras Galegas tivemos na escolas dúas actuacións de Raquel Queizás.

Tivemos primeiro unha actuación na biblioteca para os mais pequenos:








Despois outra actuación para os maiores, esta vez no Salón de Actos:






A semana non rematou, aínda quedan actos para celebrala...

27 feb 2018

Dia de Rosalía


O pasado luns 26 de febreiro celebramos na escola o día de Rosalía, xa na entrada do colexio tivemos unha mostra da súa obra e un recordatorio da celebración.

Cada clase tivo un momentiño despois do recreo para facer unha lectura dos seus poemas. Mesmo algúns tivemos unha audición da versión musicada da súa poesía:  Amancio Prada




12 feb 2018

Entroido 2018. Os Choqueiros e as choqueiras de Chancelas

Xa chegou o entroido. O venres 9 celebramos  a nosa festa. Fixémola dentro da escola obrigados pola chuvia pero os disfraces, a festa e a comida non faltaron.
Tedes aquí unhas mostras:









Temos un video para que vexades que ben o pasamos. É moi grande e non nos colle aquí pero podes premer aqui para velo: VIDEO

Despois do desfile fixemosunha parada para comer:



E despois chegou o enterro do mexillón:


Xa vedes que o pasamos ben cos nosos disfraces de Choqueiros. Ata outra!

31 ene 2018

DIA DA PAZ

Un curso mais toda a escola uniuse para celebrar o Día da Paz.
Cada neno e nena de cada clase, seguindo as suxerencias da Casa Rosada do Concello de Poio adornou un bote de cristal e meteu dentro bonitas palabras para celebrar este día escollendo as palabras que mais nos gustan e mais nos din.
Aquí están na entrada do cole:





e o día 30 saímos ao patio para cantar, bailar e celebrar este día:








Bicos a todos neste día da Paz!!