BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























11 dic. 2014

A Nosa árbore de Nadal

E xa estamos no Nadal... 

Este ano a árbore de Nadal do cole é, simplemente, a mais bonita de todas as árbores de todas as escolas do mundo...


Feita con libros e contos













28 nov. 2014

O MAGOSTO!

Unha chea de fotos do Magosto da escola!  Mestras e ANPA  fixeron deste día unha xornada de participación, xogos, chourizos e castañas.

1 nov. 2014

SAMAÍN

O Conto terrorífico realizado por todo o alumnado da escola: "Unha viaxe de medo"



E aquí tendes unha mostra das cabazas máis terroríficas do noso colexio. Vede e escoitade!!! 

28 jun. 2014

Festival de Fin de curso do cole.

Un ano mais remata o curso e despedímolo coas nosas actuacións.
Aquí tedes os momentos mais salientables:

Actuación de Infantil, os mais pequenos. Tres anos:



Nenos e nenas de 4 anos:




Nenos e nenas de 5 anos coas vogais:



Chegan os de 1º cunha obra teatral:




Os de 2º:




E os alumnos e alumnas de 3º cun baile moi coordinado:



A marcha dos Xigantes interpretada polos nenos e nenas de 4º



Os de 5º cantan e bailan moi "Happys" cun espontaneo polo medio:


e os de 6º rematan o festival cun baile e unha despedida:



                              ATA O CURSO QUE VEN!!

28 may. 2014

Radio na Escola

RECOMENDACIÓNS LECTORAS A TRAVÉS DA RADIO

Aquí no colexio de Chancelas lemos moitos libros e os nenos de 6º quixemos contaxiar esta paixón lectora con outras persoas e o fixemos a través da radio. Os profesionais da Radio Municipal de Tui nos deixaron levar a cabo esta experiencia tan bonita.

Durante a hora de biblioteca semanal que temos coa profesora de música, ademais de facer o préstamo de libros, escolliamos algún que nos parecía máis especial e o liamos para despois comentalo e facer o guión. Houbo momentos de agobio en canto ao tempo pois moitas veces esa hora non chegaba a nada.

Unha vez feito tocaba  gravar como profesionais, tamén buscabamos a música para facer a montaxe. A verdade é que pasamos momentos do máis agradable, que risas!


Estes foron os programas e recomendacións deste curso. A ver que vos parece!

Preme en cada enlace para escoitar o programa. 

La noche de los mocos vivientes. DAV PILKEI.mp3

O asasinato do profesor de música.  JORDI SIERRA I FABRA.mp3

O millo de mami Fine. INFANTIL 3ANOS COA PROFE CELESTE..mp

21 may. 2014

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Semana dedicada a Xosé María Diaz Castro e no noso cole fixemos algunhas actividades para recordar a súa figura e a súa obra.


Adornamos a entrada da nosa escola con carteis e nun deles todos os nenos e nenas do cole puxeron o nome do escritor.





















Fixemos tamén un recitados das súas poesías máis coñecidas. Desde os mais pequenos ata os maiores, todos as aprendímolos de memoria para recitalas...sen ler!



Algúns nenos e nenas visitaron a exposición de carteis onde se contaba a vida e obras de Díaz Castro





E para rematar esta semana tivemos dúas actuacións de maxia: unha para os mais pequenos e outra para os maiores:







5 may. 2014

O Correlingua

O día 5 de maio os cursos de 4º, 5º e 6º de primaria asistimos, na praza da Ferrería de Pontevedra, ó Correlingua 2014 que baixo o lema "Galego, o paso adiante" convocou a unha morea de nenos e nenas de toda pontevedra para celebrar un novo impulso á nosa lingua.

Actuacións, percorrido polas rúas da vila, solta de globos e moita animación fixeron desta mañá unha mañá de celebración.

Mirade que ben o pasamos:






Os Maios

A Festa dos MAIOS na escola

O pasado mércores 30 de abril, despois de pasar uns días colaborando entre todos na súa construcción, celebramos na escola a festa dos maios.

Tivemos que facelo dentro da escola polo mal tempo e na entrada, nenos e nenas, mestras e mestres e as familias que quixeron asistir, escoitaron as coplas que lle cantamos.

28 feb. 2014

ENTROIDO!!

Hoxe, venres, celebramos na escola o Entroido
Aproveitando un ratiño que non chovía, saímos ó patio e fixemos un desfile diante das nosas familias.
Cantamos, bailamos  e nos aplaudiron moito así que seguro que o fixemos ben.

Despois entramos á escola para probar todos os postres que troxemos da casa.

Aquí tedes algunhas fotos

(Nestes días colgaremos mais fotos e algún video)

25 feb. 2014

24 de febreiro, Dia de Rosalía de Castro

Este luns celebramos na escola o día de Rosalía para lembrarnos desta poetisa galega.

Os nenos e nenas de 5º e 6º recitaron uns poemas e despois cantamos todos xuntos un rap adicado a Rosalía e interpretado por KADIGB.






E o video de KADIGB que cantamos e bailamos todos ó final:




13 feb. 2014

Semana Do Amor

Esta semana estamos a celebrar na Escola a "Semana do Amor".

Un concurso de poemas e debuxos de amor completará a celebración destes días adicados a San Valentín.


Xa vos manteremos informados...









A cousa foi mellorando e as celebracións se sucederon:

Concurso e animación á lectura. 


Foto dos gañadores do concurso de debuxos e poesías de amor:

Educación Infantil de 3 anos: Lara, de 4 anos: Ana e de 5 anos: Lucía.
De Primaria: Uxía (1ºA), Isabel (1ºB), Ainhoa (2º), Alejandro (3º), Sergio (4º), Clara (5º) y Valentín (6º).






3 feb. 2014

Día da Paz–La Voz de Galicia

Día da PAz 2Día da Paz

Clicade na seguinte imaxVideo Canción Día da Paze para ver o vídeo

31 ene. 2014

Día da Paz

O pasado Xoves 30 celebramos na escola o Día da Paz.
Colaborando coa casa Rosada do Concello de Poio cada rapaz e rapaza do cole fixo e aportou unha pluma e colgámolas todas nuns atrapasonos para conxurar a paz e atraer as nosas mellores intencións. 
Os atrapasonos quedaron colgados na escola para traballar connosco todo o curso.


Para rematar o acto cantamos xuntos unnha canción de Macaco "Mensajes del agua" cunha preciosa e motivadora letra.