BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























7 nov 2012

Hai poucos dias celebramos no noso cole o Samaín.
Este ano tivemos como novidade a visita de varios avós e avoas para asustarnos cos seus contos de medo.
Tamén moitas moitas cabazas... mirade

26 jun 2012

A Gran Noite dos Cans (Curto)

Neste vídeo os alumnos do primeiro ciclo de primaria do Ceip Chancelas dirixidos e asesorados polas mestras Eva, Mª Jesús, Olga e Magoia protagonizan un curto que queda englobado dentro do proxecto central do colexio "arte en tránsito". Este curto conta a historia de diversos cans que podemos atopar nalgúns cadros famosos


22 jun 2012

Festival de Fin de curso

O venres 22 de xuño...
Ás dez da mañá...
No salón de actos do cole... cha chán!!

O FESTIVAL DE REMATE DO CURSO 2011-2012

Disfrutade:

21 jun 2012

Sabelotodo 2012

Xa está aquí a nova revista deste curso.
Xa sabedes como vai: premendo nela podedela ver a todo tamaño e pasar as páxinas e na parte superior teredes as ferramentas para vela a unha ou doble páxina, aumentar ou diminuir o tamaño, etc.
Busca as novas do teu curso e disfruta.

6 jun 2012

Novo programa de Radio Escolar

Último programa do curso emitido polo CEIP de Chancelas. Nesta ocasión, participando todo o alumnado do cole, presentamos o libro "Animais Encantadores"de Susa Herrera.

20 may 2012

LETRAS GALEGAS 2012 CONCERTO DE TINO BAZ

O mércores, e como remate destes días adicados ás Letras Galegas, tivemos o pracer de contar no cole coa presencia de TINO BAZ.
O concerto (realmente foron dous, un para os mais pequenos e outro para os maiores) foi adicado á figura de Rosalía e todo o cole coñecía as cancións que iamos escoitar porque xa Magoia, a nosa mestra de música se encargara de preparar o camiño. Foi divertido para todos e emocionante para Tino comprobar como o alumnado coreaba as cancións que nos cantaba.

LETRAS GALEGAS 2012

Outro curso mais celebrando estes días adicados ás Letras Galegas. Este ano adicado a Valentín Paz Andrade.
Algúns alumnos de 5º fixeron de guías para o resto do cole nunha sinxela exposición de carteis destacando os datos mais sinalados da vida e obra deste polifacético escritor galego. Como podedes ver cada neno fixo un debuxo representado ó escritor e todos remataron pendurados na entrada do cole.

3 may 2012

Gañadores do concurso de receitas.

Onte mércores fixemos entrega dos premios do concurso de receitas do cole. Como foron receitas de sobremesas... que mellor premio que unha bandeixiña de pasteis e uns doces para os premiados e as súas familias? Os gañadores foron:
Leandro de 4 anos pola súa receita do Biscoito de Laranxa
María Calvo de 2º co seu touciño de ceo
Gabriel carro co seu Flan de piña
E Javier Blanco de 5º pola receita do Biscoito de Froitos Secos. Parabén a todos. O libros que fixemos coas trinta receitas seleccionadas irá viaxando polas casas de todo o alumnado.

30 abr 2012

Os Maios

O pasado venres fixemos un sinxelo acto de celebración dos Maios. No patio da escola expuxemos o noso maio que este ano estaba elaborado casi totalmente con materiais de reciclaxe. Teas por fiuncho e adornos feitos con papel ou vasiños de iogur constituiron un maio diferente pero con toda a imaxen dun tradicional. As coplas se encargaron de lembrarnos, con sentido do humor, diferentes aspectos da nosa actividade diaria. Disfrutade das fotos.

26 abr 2012

Mais programas de radio do cole

Programa 2 "As de mosca para Anxo" O alumnado de 6º recomenda a todos os oíntes este emotivo libro de Fina Casalderrey que trata do respecto ás diferenzas.
Programa 3 "A Bruxiña da sorte" O alumnado de 4º recomenda este divertido libro e incluso xoga cos oíntes mediante adiviñas e acertixos.
programa 4 "Diario de Greg" A clase de 6º anima a ler e escribir diarios, tanto reais coma de ficción. Presenta un dos libros mais solicitados polo 3º ciclo na biblio do cole: o "Diario de Grag"

25 abr 2012

Libros de Receitas de Sobremesas

Xa temos os libros! Con 30 receitas seleccionadas vimos de publicar un libro de receitas de sobremesas que pronto pasará pola vosa casa para que o podades disfrutar.
temos tamén o nome dos 4 gañadores do concurso...a vindeira semana revelaremos quen son e levarán o seu premio a casa!

8 mar 2012

Concurso de RECEITAS DE COCIÑA


Novo concurso convocado na Escola.
Trae, antes do 15 de marzo e coa axuda da túa familia, as túas receitas de sobremesas e poderás gañar un dos premios.
As millores receitas familiares formarán parte dun fermoso libro que publicaremos no colexio.
Anímate e participa.
O teu mestre ou mestra te explicará as bases do concurso.

17 feb 2012

Entroido 2012


Adicado ó mundo da arte. Infantil de cores, 1º ciclo de pintores e cadro, 2º ciclo de Dalí e unha muller da súa obra, de cadros de K.Haring, Miró e Picasso e de formas xeométricas.

Tedes aquí fotos e videos para disfrutar desta mañá de cor e alegría.
Coma sempre poder descargar estas fotos a gran tamaño premendo no álbum de aquí debaixo






E rematamos comendo os postres que aportaron as familias. Gracias a todos.