Este ano fixemos un pequeno festival na nosa escola. Todos os nenos e nenas saíron ó escenario para participar e divertirnos coa sua interpretación. Tedes aqui unha mostra do noso traballo: Unhas fotos (que podedes descargar)
O CEIP de Chancelas sumouse este curso á iniciativa de Radio Tui de animación á lectura a través das ondas. Grazas á invitación do CEIP A porteliña de Pazos de Reis, realizaremos diferentes programas de radio desde Chancelas. Aqui tedes ó enlace ao primeiro programa, onde o alumnado de 6º presenta o libro de Pinto e Chinto "Contos para nenos que dormen deseguida" PULSA NESTE ENLACE
Xa non é a primeira vez pero este curso temos a nosa escola chea de obras de arte. Miró, Dalí, Calder, Sorolla e moitos mais artistas están entre nos. Mirade unha mostra, chegarán moitas mais.