BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























13 nov 2017

Chegou o Magosto.

O venres 10 de novembro celebramos, un ano mais, o Magosto na escola.
Xogos tradicionais no patio e casatañas e chorizos que nospreparou a ANPA.

Mirade que ben o pasamos:













A fraga das linguas

Este curso seguimos coas árbores que teñen follas coas palabras mais importantes de cada data importante. Temos tres árbores, para castelán, para inglés e para galego. Aquí tedes foto desta última coas palabras do gelego que falan do Magosto:




1 nov 2017

Medo no Samaín




O Martes 31 de outubro celebramos na escola un pequeno festival composto por grabacións de medo realizadas por cada titoría, foi unha mañá de medo. Aqui tedes unha mostra.



Mais información neste enlace:   Blog da biblioteca

25 oct 2017

O pasado luns 23 de outubro o alumnado de 5ºfoi, invitado polo Concello de Poio, ata a praia da Pinela, na Seca para participar nunha actividade de concienciación medioambiental e limpeza das praias.


Esperando o bus


Primeiro escoitamos con atención o que nos explicou o biólogo das cofradías do fondo da Ría de Pontevedra

E Empezou o noso traballo:






Ao final ata a TVG se achegou á praia para entrevistarnos e sairemos na tele nun novo programa sobre ecoloxía e medio ambiente o vindeiro 6 de novembro:


Coidar o noso medio ambiente é tarefa de todos, conta connosco e axúdanos ti tamén.

4 oct 2017

Charla de Arqueoloxía no Xaime Illa


Hoxe mércores 4 de outubro o alumnado de 5º e 6º do noso cole foi ao Centro Cultural Xaime Illa de Raxó para unha charla de Buenaventura Aparicio sobre a Arqueoloxía, Antropoloxía e Patrimonio do noso concello, Poio.

Temos fotos para lembrarnos:











17 may 2017

17 de Maio, LETRAS GALEGAS


Onte Martes 16  tivemos onta na escola a actuacíon do grupo "Polo correo do vento" que nos narraron con música e imaxe un conto sobre Carlos Casares.
Foi un xeito divertido de aprender cousas sobre o autor homenaxeado neste dia das Letras Galegas.








4 mar 2017

Día de Rosalía

O venres 3 de marzo, con algo de retraso por culpa do entroido, celebramos na escola o día de Rosalía de Castro.
Repartimos para todo o colexio, alumnado e mestras flores cunha poesía de Rosalía.

Nas clases traballamos e aprendimos diferentes cuestións sobre a poetisa galega e todo o cole participou deste día de celebración.




Grazas polas flores, Rosalía.