BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























25 oct 2017

O pasado luns 23 de outubro o alumnado de 5ºfoi, invitado polo Concello de Poio, ata a praia da Pinela, na Seca para participar nunha actividade de concienciación medioambiental e limpeza das praias.


Esperando o bus


Primeiro escoitamos con atención o que nos explicou o biólogo das cofradías do fondo da Ría de Pontevedra

E Empezou o noso traballo:






Ao final ata a TVG se achegou á praia para entrevistarnos e sairemos na tele nun novo programa sobre ecoloxía e medio ambiente o vindeiro 6 de novembro:


Coidar o noso medio ambiente é tarefa de todos, conta connosco e axúdanos ti tamén.

4 oct 2017

Charla de Arqueoloxía no Xaime Illa


Hoxe mércores 4 de outubro o alumnado de 5º e 6º do noso cole foi ao Centro Cultural Xaime Illa de Raxó para unha charla de Buenaventura Aparicio sobre a Arqueoloxía, Antropoloxía e Patrimonio do noso concello, Poio.

Temos fotos para lembrarnos: