BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























7 may 2010

Máis de 4.500 profesores advirten que “dan e darán as clases en galego”

Noticia recollida no Xornal Dixital VIEIROS. 5/5/2010
A plataforma 'Queremos Galego' entregou este mércores no Rexistro da Xunta un documento que conta coa adhesión dos docentes.

Un paso máis que simbólico. A plataforma 'Queremos Galego' entregou este mércores no Rexistro da Xunta un documento asinado por 4.530 profesores de ensino non universitario no que expresan a súa vontade de seguir impartindo aulas na lingua propia do país e o seu rexeitamento á modificación do decreto. Dende a plataforma sinalan que decidiron pedir as sinaturas logo de que o Goberno anunciase que ía obrigar a impartir en lingua castelán materias como Matemáticas, Física e Quimica e Tecnoloxía.

Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro de 'Queremos Galego' subliñou diante dos xornalistas que “estes son 4.530 alegatos contra a prohibición do galego e en defensa da aplicación dos consensos a que chegamos entre todas e todos” e “4.530 protestas contra o feito de que Galiza sexa a única autonomía do Estado onde se poderá expedientar unha profesora ou un profesor por impartir as aulas no idioma propio, algo que non acontece nin en Valencia, onde goberna o PP”.

O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, que tamén participou na entrega das adhesións, sinalou que “se pretende trasladar a imaxe de que o noso é un idioma de segunda, que non pode ser vehículo normal”. Louzao e Callón salientaron o gran apoio do profesorado e sinalaron que aínda non rematou a recollida de sinaturas.

1 comentario: