BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























1 jun 2011

Visita ó instituto de Poio



Os nenos e nenas de 6º visitaron o iES de Poio, próximo destino dos seus esforzos... Algúns comentarios tras a visita:
"Coñeceremos novos amigos e atoparemos ós de antes" Ángel
"Os alumnos de 1º da ESO dixéronos que non iamos tardar en acostumarnos" Paula
"No instituto sentíame estraña e perdida porque era moi grande" Bárbara
" Alí tes que estudar moito para poder aprobar" Iván
"É moi grande cun extenso patio de recreo e dentro hai tantos corredores que parece un labirinto" Sergio
" Hai uns catrocento vinte alumnos e cinconta e tres profesores, mais libros, mais aulas...bueno, hai que estudar moito mais" Tomás
"Xa estou nervioso pola chegada e ter que deixar o cole..." Gabriel
"O que mais me sorprendeu é que as aulas son enormes" Francis

Sorte a todos na súa vindeira aventura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario