Este ano a árbore de Nadal do cole é, simplemente, a mais bonita de todas as árbores de todas as escolas do mundo...
BENVIDOS
Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.
11 dic 2014
A Nosa árbore de Nadal
E xa estamos no Nadal...
Este ano a árbore de Nadal do cole é, simplemente, a mais bonita de todas as árbores de todas as escolas do mundo...
Feita con libros e contos
Este ano a árbore de Nadal do cole é, simplemente, a mais bonita de todas as árbores de todas as escolas do mundo...
28 nov 2014
O MAGOSTO!
Unha chea de fotos do Magosto da escola! Mestras e ANPA fixeron deste día unha xornada de participación, xogos, chourizos e castañas.
1 nov 2014
SAMAÍN
O Conto terrorífico realizado por todo o alumnado da escola: "Unha viaxe de medo"
E aquí tendes unha mostra das cabazas máis terroríficas do noso colexio. Vede e escoitade!!!
E aquí tendes unha mostra das cabazas máis terroríficas do noso colexio. Vede e escoitade!!!
28 jun 2014
Festival de Fin de curso do cole.
Un ano mais remata o curso e despedímolo coas nosas actuacións.
Aquí tedes os momentos mais salientables:
Actuación de Infantil, os mais pequenos. Tres anos:
Nenos e nenas de 4 anos:
Nenos e nenas de 5 anos coas vogais:
Chegan os de 1º cunha obra teatral:
Os de 2º:
E os alumnos e alumnas de 3º cun baile moi coordinado:
A marcha dos Xigantes interpretada polos nenos e nenas de 4º
Os de 5º cantan e bailan moi "Happys" cun espontaneo polo medio:
e os de 6º rematan o festival cun baile e unha despedida:
ATA O CURSO QUE VEN!!

28 may 2014
Radio na Escola
RECOMENDACIÓNS
LECTORAS A TRAVÉS DA RADIO
Aquí no colexio de
Chancelas lemos moitos libros e os nenos de 6º quixemos contaxiar esta paixón
lectora con outras persoas e o fixemos a través da radio. Os profesionais da
Radio Municipal de Tui nos deixaron levar a cabo esta experiencia tan bonita.
Durante a hora de
biblioteca semanal que temos coa profesora de música, ademais de facer o
préstamo de libros, escolliamos algún que nos parecía máis especial e o liamos
para despois comentalo e facer o guión. Houbo momentos de agobio en canto ao
tempo pois moitas veces esa hora non chegaba a nada.
Unha vez feito
tocaba gravar como profesionais, tamén
buscabamos a música para facer a montaxe. A verdade é que pasamos momentos do
máis agradable, que risas!
Estes foron os
programas e recomendacións deste curso. A ver que vos parece!
Preme en cada enlace para escoitar o programa.
Preme en cada enlace para escoitar o programa.
La noche de los mocos vivientes. DAV PILKEI.mp3
O asasinato do profesor de música. JORDI SIERRA I FABRA.mp3
O millo de mami Fine. INFANTIL 3ANOS COA PROFE CELESTE..mp
21 may 2014
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Semana dedicada a Xosé María Diaz Castro e no noso cole fixemos algunhas actividades para recordar a súa figura e a súa obra.
Adornamos a entrada da nosa escola con carteis e nun deles todos os nenos e nenas do cole puxeron o nome do escritor.
Fixemos tamén un recitados das súas poesías máis coñecidas. Desde os mais pequenos ata os maiores, todos as aprendímolos de memoria para recitalas...sen ler!
Algúns nenos e nenas visitaron a exposición de carteis onde se contaba a vida e obras de Díaz Castro
E para rematar esta semana tivemos dúas actuacións de maxia: unha para os mais pequenos e outra para os maiores:
5 may 2014
O Correlingua
O día 5 de maio os cursos de 4º, 5º e 6º de primaria asistimos, na praza da Ferrería de Pontevedra, ó Correlingua 2014 que baixo o lema "Galego, o paso adiante" convocou a unha morea de nenos e nenas de toda pontevedra para celebrar un novo impulso á nosa lingua.
Actuacións, percorrido polas rúas da vila, solta de globos e moita animación fixeron desta mañá unha mañá de celebración.
Mirade que ben o pasamos:
Actuacións, percorrido polas rúas da vila, solta de globos e moita animación fixeron desta mañá unha mañá de celebración.
Mirade que ben o pasamos:
Os Maios
A Festa dos MAIOS na escola
O pasado mércores 30 de abril, despois de pasar uns días colaborando entre todos na súa construcción, celebramos na escola a festa dos maios.
Tivemos que facelo dentro da escola polo mal tempo e na entrada, nenos e nenas, mestras e mestres e as familias que quixeron asistir, escoitaron as coplas que lle cantamos.

28 feb 2014
ENTROIDO!!
Hoxe, venres, celebramos na escola o Entroido
Aproveitando un ratiño que non chovía, saímos ó patio e fixemos un desfile diante das nosas familias.
Cantamos, bailamos e nos aplaudiron moito así que seguro que o fixemos ben.
Despois entramos á escola para probar todos os postres que troxemos da casa.
Aquí tedes algunhas fotos
(Nestes días colgaremos mais fotos e algún video)

25 feb 2014
24 de febreiro, Dia de Rosalía de Castro
Este luns celebramos na escola o día de Rosalía para lembrarnos desta poetisa galega.
Os nenos e nenas de 5º e 6º recitaron uns poemas e despois cantamos todos xuntos un rap adicado a Rosalía e interpretado por KADIGB.
Os nenos e nenas de 5º e 6º recitaron uns poemas e despois cantamos todos xuntos un rap adicado a Rosalía e interpretado por KADIGB.
E o video de KADIGB que cantamos e bailamos todos ó final:
13 feb 2014
Semana Do Amor
Esta semana estamos a celebrar na Escola a "Semana do Amor".
Un concurso de poemas e debuxos de amor completará a celebración destes días adicados a San Valentín.
Xa vos manteremos informados...
A cousa foi mellorando e as celebracións se sucederon:
Concurso e animación á lectura.

Foto dos gañadores do concurso de debuxos e poesías de amor:
Educación Infantil de 3 anos: Lara, de 4 anos: Ana e de 5 anos: Lucía.
De Primaria: Uxía (1ºA), Isabel (1ºB), Ainhoa (2º), Alejandro (3º), Sergio (4º), Clara (5º) y Valentín (6º).
3 feb 2014
31 ene 2014
Día da Paz
O pasado Xoves 30 celebramos na escola o Día da Paz.
Colaborando coa casa Rosada do Concello de Poio cada rapaz e rapaza do cole fixo e aportou unha pluma e colgámolas todas nuns atrapasonos para conxurar a paz e atraer as nosas mellores intencións.
Os atrapasonos quedaron colgados na escola para traballar connosco todo o curso.
Para rematar o acto cantamos xuntos unnha canción de Macaco "Mensajes del agua" cunha preciosa e motivadora letra.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)