BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























28 may 2014

Radio na Escola

RECOMENDACIÓNS LECTORAS A TRAVÉS DA RADIO

Aquí no colexio de Chancelas lemos moitos libros e os nenos de 6º quixemos contaxiar esta paixón lectora con outras persoas e o fixemos a través da radio. Os profesionais da Radio Municipal de Tui nos deixaron levar a cabo esta experiencia tan bonita.

Durante a hora de biblioteca semanal que temos coa profesora de música, ademais de facer o préstamo de libros, escolliamos algún que nos parecía máis especial e o liamos para despois comentalo e facer o guión. Houbo momentos de agobio en canto ao tempo pois moitas veces esa hora non chegaba a nada.

Unha vez feito tocaba  gravar como profesionais, tamén buscabamos a música para facer a montaxe. A verdade é que pasamos momentos do máis agradable, que risas!


Estes foron os programas e recomendacións deste curso. A ver que vos parece!

Preme en cada enlace para escoitar o programa. 

La noche de los mocos vivientes. DAV PILKEI.mp3

O asasinato do profesor de música.  JORDI SIERRA I FABRA.mp3

O millo de mami Fine. INFANTIL 3ANOS COA PROFE CELESTE..mp

No hay comentarios:

Publicar un comentario