BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























28 may 2014

Radio na Escola

RECOMENDACIÓNS LECTORAS A TRAVÉS DA RADIO

Aquí no colexio de Chancelas lemos moitos libros e os nenos de 6º quixemos contaxiar esta paixón lectora con outras persoas e o fixemos a través da radio. Os profesionais da Radio Municipal de Tui nos deixaron levar a cabo esta experiencia tan bonita.

Durante a hora de biblioteca semanal que temos coa profesora de música, ademais de facer o préstamo de libros, escolliamos algún que nos parecía máis especial e o liamos para despois comentalo e facer o guión. Houbo momentos de agobio en canto ao tempo pois moitas veces esa hora non chegaba a nada.

Unha vez feito tocaba  gravar como profesionais, tamén buscabamos a música para facer a montaxe. A verdade é que pasamos momentos do máis agradable, que risas!


Estes foron os programas e recomendacións deste curso. A ver que vos parece!

Preme en cada enlace para escoitar o programa. 

La noche de los mocos vivientes. DAV PILKEI.mp3

O asasinato do profesor de música.  JORDI SIERRA I FABRA.mp3

O millo de mami Fine. INFANTIL 3ANOS COA PROFE CELESTE..mp

21 may 2014

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Semana dedicada a Xosé María Diaz Castro e no noso cole fixemos algunhas actividades para recordar a súa figura e a súa obra.


Adornamos a entrada da nosa escola con carteis e nun deles todos os nenos e nenas do cole puxeron o nome do escritor.





















Fixemos tamén un recitados das súas poesías máis coñecidas. Desde os mais pequenos ata os maiores, todos as aprendímolos de memoria para recitalas...sen ler!



Algúns nenos e nenas visitaron a exposición de carteis onde se contaba a vida e obras de Díaz Castro





E para rematar esta semana tivemos dúas actuacións de maxia: unha para os mais pequenos e outra para os maiores:







5 may 2014

O Correlingua

O día 5 de maio os cursos de 4º, 5º e 6º de primaria asistimos, na praza da Ferrería de Pontevedra, ó Correlingua 2014 que baixo o lema "Galego, o paso adiante" convocou a unha morea de nenos e nenas de toda pontevedra para celebrar un novo impulso á nosa lingua.

Actuacións, percorrido polas rúas da vila, solta de globos e moita animación fixeron desta mañá unha mañá de celebración.

Mirade que ben o pasamos:






Os Maios

A Festa dos MAIOS na escola

O pasado mércores 30 de abril, despois de pasar uns días colaborando entre todos na súa construcción, celebramos na escola a festa dos maios.

Tivemos que facelo dentro da escola polo mal tempo e na entrada, nenos e nenas, mestras e mestres e as familias que quixeron asistir, escoitaron as coplas que lle cantamos.