BENVIDOS
Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.
15 nov 2015
Magosto 2015
Iste ano celebramos o Magosto cun día de sol estupendo.
Fixemos xogos no patio onde participamos todos e todas
Mirade unha mostra do ben que o pasamos
Pero isto foi posible gracias a pais, nais e nenos que colaboraron facendo o lume, asando as castañas, facendo e repartindo bocadillos ou axudando nos xogos como monitores.Aquí van algúns... GRACIAS...
17 jun 2015
DESPEDIDA DE 6ª
Un curso que remata e despedimós ó alumnado de 6º que se vai para o instituto. este é un pequeno video de despedida:
16 may 2015
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Esta semana do 11 ao 15 de maio celebramos na nosa escola a semana das Letras Galegas.
Este ano o autor homenaxeado foi Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Comezamos a semana cunha unidade didáctica que repartiu o EDL para cada curso cunhas sinxelas
actividades para traballar e coñecer na clase a este escritor pontevedrés.
E tivemos toda a semana unha rúa adicada a Filgueira Valverde con carteis que nos falaban da súa vida e da súa obra.
Tamén tivemos teatro en galego con Tarabelos que viu dous días á escola para ofrecernos
dúas obras:
unha para os mais pequenos: "Sabela e o paxaro máxico". Podedes premer aquí para ver as fotos no blog "Chanceliñas".
E outra para os maiores: "O traxe novo do rei"
Para rematar a semana as clases de 4º, 5º e 6º fomos a Pontevedra ao "Correlingua"

2 may 2015
VOZ NATURA 2015
"A HORTA ECOLÓXICA"
Outro curso máis participamos no Programa de Voz Natura.
Este curso traballamos a horta ecolóxica.
Cando o tempo o permitía, coidabamos a nosa horta e traballamos moito para acadar un bo resultado. Aquí tendes unha pequena mostra do que fixemos ao longo do curso.

1 may 2015
Os Maios
Onte, xoves 30 de abril , celebramos na escola a festa dos Maios.
Onte saímos todos ao patio nun ratiño que nos deixou a chuvia para cantar as coplas dos maios acompañados por moitas nais e pais que viñeron a escoitarnos.
Mirade que bonito nos quedou
26 feb 2015
Dia de ROSALÍA na escola
Hoxe celebramos no cole o día de Rosalia de Castro.
Fomos todos e todas ao salón de actos para ver un video sobre a súa biografía
e escoitar unha canción de Uxía sobre a súa infancia.
Grazas, Uxía por esta canción "Rosalía pequeniña"
Onte xa a recordaramos facendo en cada clase uns marcapáxinas e regalándonolos entre nós.
Rosalía, segues connosco.

14 feb 2015
O Entroido do Cole!
Un ano mais celebramos na escola o entroido. A choiva quixo voltar a acompañarnos e non nos deixou baixar ata a Praza da Chousa pero desfilamos ao redor do colexio e bailamos e cantamos no patio acompañados das familias.
Este ano contamos cunha fotógrafa, Sonja Rodríguez Rivera - Sonja Rodríguez photosurfing que nos regalou o seu traballo cunha excepcional calidade artística, aquí o tedes. Preme debaixo da foto, ponlle volumen á música e mesmo amplia a toda pantalla e disfruta das fotos.

2 feb 2015
Dia da Paz
Este pasado venres celebramos na nosa escola, coa axuda e participación da casa Rosada do Concello de Poio o Día da Paz.
Primero decoramos a nosa escola e mesmo a escaleira: banzos pola paz con palabras en distintas linguas.
Todos nos mollamos pola paz e con nosos chubasqueiros e paraugas adornados cantamos e celebramos este día.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)