BENVIDOS

Desde Combarro, desde Chancelas, en Galego.























16 may 2015

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana do 11 ao 15 de maio celebramos na nosa escola a semana das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado foi Xosé Fernando Filgueira Valverde. Comezamos a semana cunha unidade didáctica que repartiu o EDL para cada curso cunhas sinxelas actividades para traballar e coñecer na clase a este escritor pontevedrés.

 

E tivemos toda a semana unha rúa adicada a Filgueira Valverde con carteis que nos falaban da súa vida e da súa obra.






Tamén tivemos teatro en galego con Tarabelos que viu dous días á escola para ofrecernos
dúas obras:

unha para os mais pequenos: "Sabela e o paxaro máxico". Podedes premer aquí para ver as fotos no blog "Chanceliñas".

E outra para os maiores: "O traxe novo do rei"



Para rematar a semana as clases de 4º, 5º e 6º fomos a Pontevedra ao "Correlingua"

No hay comentarios:

Publicar un comentario